A dos nefropoideos (Nephropoidea) é unha superfamilia de crustáceos malacostráceos da orde dos decápodos e infraorde dos astacideos.
A superfamilia foi descrita en 1852 polo naturalista estadounidense James Dwight Dana.Nephropoidea Dana, 1852 no ITIS.
Comprende dúas familias viventes e outras tres fósiles.
Os seus parentes máis próximos son as chamadas na bibliografía internacional lagostas de coral.
Clasificación Superfamilia Nephropoidea Dana, 1852 Familia Nephropidae Dana, 1852 — lumbrigantes e cigalas. Familia Thaumastochelidae Bate, 1888 — un tipo de lumbrigantes moi raros.
Ademais, coñécense tres familias fósiles: † Chilenophoberidae Tshudy & Babcock, 1997 † Protastacidae Albrecht, 1983 † Stenochiridae Beurlen, 1928
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Martin, J. W. & G.E. Davis (2001): An Updated Classification of the Recent Crustacea. Natural History Museum of Los Angeles County. Science Series. Nº 39. Tshudy, D. et al. (2009): "Phylogeny of marine clawed lobster families Nephropidae Dana, 1852, and Thaumastochelidae Bate, 1888, based on mitochondrial genes". En: Martin, J. W.; Crandall, K. A. & Felder, D. L., eds. Decapod crustacean phylogenetics. CRC Press. ISBN 978-1-4200-9258-5, pp. 357–368. Türkay, M. (2001): "Decapoda", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 284–292. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos Decápodos Astacideos
Ligazóns externas Nephropoidea Dana, 1852 no ITIS. Nephropoidea Dana 1852 en Fossilworks. Nephropoidea no WoRMS. Nephropoidea na EOL.
Categoría:Astacideos