Sant Hilari Sacalm é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, pertencente á comarca da Selva. É considerada a capital das Guilleries, por atoparse no interior dese macizo.

É coñecida como a vila das cen fontes, xa que no seu termo municipal hai máis dun cento de fontes, entre as que destaca a Font Vella. Unha das súas festas máis importantes, o Vía Crucis Vivente, está declarado festa tradicional de interese nacional.

Tiña en 2014 unha poboación de 5.681 habitantes.

Véxase tamén

Sitio web do concello

Categoría:Concellos da provincia de Xirona