José Domingo Ciluaga Arrate, máis coñecido como Txomin Ziluaga, nado en Erandio en 1939 e finado en Bilbao o 24 de outubro de 2012, foi un político de ideoloxía nacionalista vasca e comunista que participou na fundación do partido Herri Alderdi Sozialista Iraultzailea (HASI), do que chegou a ser secretario xeral, e na creación da coalición Herri Batasuna (HB), de cuxa Mesa Nacional formou parte durante anos. Tras o seu retiro da primeira liña da política, motivado pola decisión da dirección de ETA de cambiar a liña política de HASI, Ziluaga foi tamén profesor de Ciencias Políticas na UNED.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Herri Alderdi Sozialista Iraultzailea (HASI)

Bibliografía Fernández Soldevilla, Gaizka (abril - xuño de 2010). VV.AA. Enciclopedia Vasca Auñamendi

Ligazóns externas Ficha no Parlamento Vasco Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Nados en Erandio Categoría:Nados en 1939 Categoría:Membros de ETA Categoría:Finados en 2012 Categoría:Políticos de Herri Batasuna Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Deputados do Parlamento Vasco Categoría:Profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia