O Club Ciclista Padronés, coñecido por motivos de patrocinio como Equipo Cortizo, é un equipo galego de ciclismo, fundado en Padrón o 17 de setembro de 1956 como Peña Bernárdez.

Historia Instituíuse no ano 1956 co nome de Peña Bernárdez, dedicada ó ciclista santiagués Xosé Bernárdez, xacando destacaba no País Vasco, mais formado deportivamente en Padrón. Os seus fundadores foron Francisco Rodriguéz Pazos, como presidente, e Julio Vázquez Angueira, alcumado O Saleiro, como director deportivo. A denominación de Club Ciclista Padronés foi adoptada na década de 1970, período durante o cal se creou unha escola de ciclismo para a formación de novos corredores.

Estanislao Vázquez Rey é o presidente do Club Ciclista Padronés dende a década de 1990. Xesús Blanco Villar foi o director deportivo entre os anos 2013 e 2022, Marcos Serrano pasou a ocupar o posto de director deportivo dende o ano 2022. O seu principal patrocinador é Aluminios Cortizo.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Clásica de Pascua

Ligazóns externas

Categoría:Equipos ciclistas Categoría:Ciclismo en Galicia Categoría:Deporte en Padrón