Thomas Russell Crampton, nado en Kent o 6 de agosto de 1816 e finado en Westminster o 19 de abril de 1888, foi un enxeñeiro británico que principiou a súa carreira na construción do Great Western Railway de Brunel. É coñecido sobre todo por ser o deseñador das locomotoras Crampton; non obstante, traballou noutros moitos eidos da enxeñaría, coma o telégrafo eléctrico ou o proxecto de túnel do Canal da Mancha, para o cal deseñou unha máquina perforadora. As súas locomotoras tiveron unha grande acollida en Francia, Alemaña e Italia.

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía de Thomas Russell Crampton Crampton Tower Museum

Categoría:Enxeñeiros Categoría:Nados en 1816 Categoría:Finados en 1888 Categoría:Inventores do Reino Unido