Ought é foi banda canadense de art rock procedente de Montreal. O grupo formouse no ano 2012 cando os seus membros comezaron a vivir xuntos nun local de ensaio comunal mentres gravaban o seu primeiro material. A banda estivo composta por Tim Darcy (voces, guitarra), Ben Stidworthy (baixo), Matt May (teclados) e Tim Keen (batería). O 3 de novembro de 2021 o grupo anunciou a súa separación a través dunha publicación no seu perfil de Facebook.
Historia O seu EP de estrea, New Calm, foi publicado no ano 2012.
Despois de asinar con Constellation Records, publicaron o seu primeiro álbum, More than Any Other Day, en 2014. Este traballo foi aclamado pola crítica, e apareceu en varias listas de mellores discos do ano 2014, como nas de Rolling Stone, Pitchfork Media, Drowned In Sound, Loud and Quiet, Exclaim!, Crack Magazine e Paste. O álbum acadou o número 20 na lista estadounidense Billboard Heatseekers.
En outubro de 2014 a banda editou Once More With Feeling, un EP con caras b de More Than Any Other Day e regravacións das súas primeiras cancións. En xullo de 2015 a banda anunciou un segundo traballo, titulado Sun Coming Down, publicado no mes de setembro.
A banda traballou co produtor francés Nicolas Vernhes no seu terceiro álbum de estudio, Room Inside the World, que foi publicado o 16 de febreiro de 2018.
Discografía Álbum Ano Selo Observacións New Calm 2012 autoeditado EP More than Any Other Day 2014 Constellation Records Once More With Feeling 2014 Constellation Records EP Sun Coming Down 2015 Constellation Records Room Inside the World 2018 Merge Records/Royal Mountain Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Montreal Categoría:Grupos musicais de art punk Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais formados en 2012