Henri Hiro, nado en Moorea o 1 de xaneiro de 1944 e finado en Huahine o 1 de marzo de 1990, foi un poeta, dramaturgo e director de cinema da Polinesia Francesa.

Traxectoria Hiro estudou teoloxía en Montpellier e volveu para Tahití en 1972, pero non se ordenou sacerdote.«Henri Hiro, le poète» , Tahiti Heritage.. Segundo a súa visión procedía dunha sociedade colonizada e arelaba volver aos valores tradicionais polinesios,«Hommage à Henri Hiro, le poète engagé des années soixante-dix», arkivert fra Tahiti Presse, 3. mars 2010. e traballou para promover a lingua tahitiana, así como a cultura e identidade propia.«Henri Hiro, poète polynésien», Jalons pour l'histoire du temps présent.

Hiro tamén se implicou na defensa do medio ambiente, foi un dos impulsores da asociación Ia ora te natura, e na resistencia contra o poder francés, e así en 1975 foi un dos membros fundadores do partido Ia Mana te Nunaa, defensor dun socialismo autoxestionario e con Jacqui Drollet como líder.

En 1979 realizou, xunto con Jean L'Hôte, o seu primeiro filme, Le Château, que trata da perda da identidade entre os mozos en Tahití. En Marae, de 1983, recreou unha cerimonia tradicional de entronización real e Te ora, que Hiro realizou con Bruno Tetaria en 1988, é un canto á natureza polinesia, presentando quince especies de árbores aos nenos. Publicou ademais dúas coleccións de poesías en tahitiano e montou espectáculos teatrais nos que integrou cantos polifónicos, danzas ou recitacións tradicionaisBruno Saura (2013) Tahiti ma'ohi: Culture, identité, religion et nationalisme en Polynésie française Au vent des îles..

Publicacións Pehepehe i taù nūnaa, Tupuna, 1985 Taaroa, OTAC, Tahiti, 1984.

Filmes Le Château (1979) Marae (1983), Te ora (1988), serie de televisión escrita por Henri Hiro e realizada por Bruno Tetaria ; 15 filmes para nenos consagrados a diferentes árbores da Polinesia. Notas

Categoría:Finados en 1990 Categoría:Nados en 1944 Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua tahitiana Categoría:Personalidades da Polinesia Francesa Categoría:Nados na Polinesia Francesa Categoría:Guionistas de Francia