José Luís Elkoro Unamuno, nado en Elgeta, Guipúscoa, en 1935, é un histórico dirixente político abertzale. Foi escollido senador por Guipúscoa nas eleccións xerais de España de 1989Ficha do Senado Español e 1993, e deputado no Parlamento Vasco nas eleccións de 1984 e 1986.
Traxectoria Comeza a súa andaina como activista social participando nunha das abondosas asociacións culturais do seu pobo, Bergara. Ante a inoperancia do concello franquista, estas agrúpanse baixo o nome de Alkartunai para traballar pola mellora dos servizos sociais do pobo, centrándose nos máis desfavorecidos (xordos, mudos, viúvas, enfermos mentais...). En xaneiro de 1976 Arias Navarro introduce un cambio na lexislación sobre o nomeamento do alcalde que permite que o 2 de febreiro de 1976 Elkoro, co apoio da maioría do consistorio, sexa elixido alcalde de Bergara.
Mentres tanto, nas vilas adxacentes tamén se produciron movementos semellantes, e a partir deles, un grupo de alcaldes con inquedanzas nacionalistas comeza a reunirse co obxectivo de impulsar a reivindicación da identidade nacional de Euskal Herria desde o interior do mesmo réxime. Esta iniciativa nace do pobo, polo que recibe un apoio popular crecente que, con ritmo acelerado, consecuencia das ansias de cambio político que se viven na sociedade, incide notablemente no panorama político.
Entre outros logros, as xestións favorables para a legalización da ikurriña en toda Hego Euskal Herria, dan conta da importancia que adquire tamén para o goberno central o movemento que para entón é coñecido como o Grupo de Vergara ou o Movemento de Alcaldes.
No curto pero intenso percorrido do movemento desenvólvense as conversacións de Txiberta, encamiñadas a consolidar unha alianza entre todas as forzas políticas de Euskal Herria. Elkoro participa en representación do Grupo nas conversacións auspiciadas polo histórico dirixente nacionalista Telesforo Monzón. Durante estas forma parte da comisión negociadora que se entrevista co presidente Suárez para tratar a declaración dunha amnistía, que finalmente se traduce nos coñecidos como “extrañamentos”, medida que non contenta a todas as forzas e agrava o desentendimiento entre elas. Tras o anuncio do Partido Nacionalista Vasco de presentarse ás eleccións sen condición previa algunha, sobrevén o fracaso da oportunidade para presentarse ante o Estado como un único bloque, e unha vez legalizados a maioría dos partidos, celébranse as primeiras eleccións xerais “democráticas” en xuño de 1977.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha de Elkoro Unamuno, José Luis. Parlamento Vasco.
Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados en Elgeta Categoría:Políticos de Herri Batasuna Categoría:Políticos do País Vasco