Javier Balza Aguilera, nado en Bilbao en 1957, é un avogado e político do País Vasco, membro do Partido Nacionalista Vasco.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, accedeu a unha praza de letrado do Goberno Vasco en 1981, sendo o seu primeiro destino a dirección de Desenvolvemento Lexislativo. Ocupou distintos postos de responsabilidade de segundo e terceiro nivel no Goberno Vasco, destacando o de Viceconselleiro de Réxime Xurídico e Desenvolvemento Autonómico. Destacou por ser un dos máis influentes nas negociacións co Goberno de España na década de 1990 para chegar a un acordo sobre as transferencias competenciais pendentes. O 7 de xaneiro de 1999 foi nomeado Conselleiro de Interior do Goberno Vasco co lehendakari Juan José Ibarretxe, substituíndo a Juan María Atutxa, cargo que mantivo durante 10 anos até a vitoria do socialista vasco, Patxi López, que o substituíu por Rodolfo Ares.
Tras o seu paso pola política, regresou ao seu posto na administración vasca, ata que en 2009 pasou á empresa privada como avogado no grupo Guevara Avogados, dirixido polo tamén exconselleiro Juan Ramón Guevara.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no País. Balza pide unha excedencia no Goberno vasco para traballar no bufete de Guevara , en Deia, 22 de outubro de 2009, consultado o 3 de agosto de 2010.
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Políticos do PNV Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Conselleiros do Goberno Vasco