Antonio Noguerol Eyré, finado en Chantada en abril de 1938, foi un político galego.

Traxectoria Administrador de La Voz del Agro. Foi un dos promotores con Daniel Vázquez Campo da Asociación Republicana de Chantada constituída en novembro de 1930.El Pueblo Gallego, 13-11-1930, p. 9. Na II República foi elixido alcalde de Chantada o 1 de xullo de 1931. Procesado con toda a corporación por suposto delito de coacción electoral, foron cesados en setembro. Foi restituído como alcalde o 11 de xullo de 1932.El Pueblo Gallego, 15-7-1932, p. 7. Finou en Chantada a finais de abril de 1938.El Ideal Gallego, 3-5-1938, p. 4.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Relación de alcaldes y presidentes de gestoras municipales que figuran en los libros de actas del Ayuntamiento de Chantada en el período de 1901-2011

Corporación municipal de Chantada

Categoría:Alcaldes de Chantada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República

Categoría:Finados en 1938