Onesimos Nesib (ou Onesimoos Nasiib na ortografía moderna do oromo), nado ca. 1856 e finado o 21 de xuño de 1931, foi un oromo que se converteu ao cristianismo luterano e traduciu a Biblia á lingua oromo. Recibiu dos seus pais o nome de Hika e tras converterse tomou o nome de "Onesinos". Conmemórano os luteranos norteamericanos o 21 de xuñoÖkumenisches Heiligenlexikon ao estar no calendario de santos do Lutheran Book of Worship. A Igrexa Evanxélica Etíope Mekane Yesus deulle o seu nome ao seu seminario en Adís Abeba.

Traxectoria Naceu nunha aldea próxima a Hurumu na Etiopía moderna, Onesimos perdeu a seu pai cando tiña catro anos. Segundo o seu propio relato secuestrárono escravistas en 1869 e pasou polas mans de oito propietarios ata liberalo o explorador Werner Munzinger en Massawa, e puido logo formarse na veciña Misión Evaxélica Sueca en Imkullu.Acta Aethiopica: Internal Rivarlries and Foreign Threats, 1869-1879 (Addis Ababa: University Press, 2000), pp. 206f ISBN 0-7658-0728-9 Alí destacou como bo estudante e recibiu o bautismo o domingo de Pascua (31 de marzo) de 1872. Os responsables da misión enviárono a estudar ao seminario teolóxico Johannelund na cidade sueca de Bromma ata a súa volta cinco anos despois á cidade de Massawa, coa intención en volver cos macca, o subgrupo oromo ao que pertencía Nesib. Por mor das restriccións impostas por Menelik II aos misioneiros estranxeiros tentou chegar a Welega a través do Sudán central. A súa expedición non logrou pasar de Asosa e viuse forzada a volver á vila fronteiriza exipcia de Famaka, para regresar posteriormente a Khartún, onde chegou o 10 de abril de 1882 durante a Guerra Mahdista e cos integrantes doentes pola febreOnesimus Nesib Dictionary of African Christian Biography, non obstante conseguiu chegar á misión de Imkullu. Mentres esperaba acontecementos comezou a primeira das súas traducións bíblicas ao oromo. En 1886 tras outra viaxe fracasada para chegar a territorio oromo principiou a traducir a Biblia enteira.

Pero a Onesimos faltáballe léxico e a forza da lingua por canto vivira fóra da súa área lingüística natal dende a infancia, así e todo logrou a axuda de Aster Ganno (1874–1964), unha moza nova que viñera á misión de Imkullu tras capturar un navío italiano un barco negreiro no Iemen e que lle proporcionou moito do material para a tradución do Novo Testamento, mais tamén aproveitou unha tradución anteiror W. Andemariam, Senai. Who should take the Credit for the Bible Translation Works carried out in Eritrea? Aethiopica, v. 16, p. 102-129, mar. 2014. ISSN 2194-4024" e finalmente saíu do prelo en 1893 e en 1899 publicouse a Biblia enteira, obra á que dedicara dezasete anos e que rematara en 1897 dedicando dous anos á súa revisión completa.

En 1904 Onesimos logrou establecerse en Welega, no lugar de Nedjo e alí predicou na lingua oromo, que os sacerdotes da Igrexa etíope ignoraban, o que lles levou á hostilidade e mais tamén acusárono de blasfemia contra a Virxe María. Conducido ao Abuna Mattheos en maio de 1906, pediu o seu exiliio, así e todo o emperador Menelik permitiulle asentarse en Nekemte, mais xa non podería predicar.

Así Onesimos limitou as súas accións públicas no anos seguintes a ensinar na súa escola de Nekemte ata 1916 cando o emperador Iyasu V lle deu permiso para predicar a súa fe.

Publicacións

Galata waqayo Gofta Macha, 1887 (libro de himnos e salmos) Kakku Hara, 1893 (Novo Testamento) Jalqaba Barsisa, 1894. (con Aster Ganno, libro de ortografía oromo) Macaafa Qulqulluu, 1899. (Biblia) Garaan Namaa Mana Waaqayo yookiis Iddo Bultii Seetana, 1899 (tradución de Das Herz des Menschen, ein Tempel Gottes, oder eine Werkstätte des Satans de Johannes GossnerDavid Morgan "Print and Evangelicalism" Common-place.org. 06, nº. 4 (xullo de 2006).) Katekismos, 1899 (catecismo de Lutero) Si'a Lama Oduu Shantami-Lama, 1899 (con Aster Ganno, tradución de Zweymal zwey und fünfzig biblische Geschichten für Schulen und Familien de Christian Gottlob Barth)

Notas

Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Nados en Etiopía Categoría:Tradutores da Biblia Categoría:Escritores en lingua oromo