dereita|miniatura|300x300px|Híades dereita|miniatura|300x300px|Híades Híades (Ὑάδες en grego) é un cúmulo aberto localizado na constelación de Taurus. As súas estrelas máis brillantes forman un "V" oblicuo arredor da gran xigante Aldebaran (α Tau), a estrela máis brillante no campo visual, mais que non forma parte deste cúmulo.

Historia Como un cúmulo visible a simple vista xa se coñecía na prehistoria. Mencionounas Homero no 750 a.C. e Hesíodo no 700 a.C. Probablemente catalogouno pola primeira volta Giovanni Batista Hodierna en 1654 e Lewis Boss en 1908 foi o primeiro en demostrar que o conxunto de estrelas formaban un cúmulo. Charles Messier usou táboas estelares que incluían e etiquetaban as Híades, pero non as agregou no seu famoso catálogo.

Características principais As Híades encóntranse a 151 anos luz de distancia, o que as converte no cúmulo estelar máis próximo á Terra. Consta de 80 estrelas situadas nunha esfera de 12 parsecs de diámetro, o seu centro está a 37 parsecs da Terra. Mentres o cúmulo ten cerca de 75 anos luz de diámetro, o prominente grupo central posúe case 10 anos luz de diámetro. O seu diagrama Hertzsprung-Russell amosa que as Híades teñen unha idade de 625 ± 50 millóns de anos.. Formáronse probablemente da mesma nube que o cúmulo de Praesede (M44).

Principais membros Nome Denominación de BayerMagnitude aparenteTipo espectralNotas Theta2 Tauri3,41A7IIIAin Épsilon Tauri3,54G9.5IIIPosúe un planeta extrasolarHyadum I Gamma Tauri3,65K0IIIHyadum II Delta1 Tauri3,76K0III Theta1 Tauri3,85K0IIIbFonte: Base de datos SIMBAD

En dúas das estrelas do cúmulo (79 Tauri e HD 28226), o exceso de emisión infravermella suxire a presenza dun disco circunestelar de poeira.

Notas

Categoría:Cúmulos estelares abertos Categoría:Constelación de Taurus