El Postín foi un semanario publicado na Coruña entre 1923 e 1924.
Historia e características Apareceu en decembro de 1923,El Orzán, 9-12-1923, p. 2. como continuadora de Marineda. Estaba dedicada á vida de sociedade da cidade da Coruña. Dirixida por Manuel García Durán (Melchisedech), foi multada en xaneiro de 1924 por ir contra as disposicións da censura.El Progreso, 13-1-1924, p. 3. Cesou a súa publicación en marzo de 1924 cun último número dedicado á memoria do que foi o seu director finado a finais de febreiro.El Orzán, 16-3-1924, p. 2.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:1923 en Galicia