Robert Covington, nado o 14 de decembro de 1990 en Bellwood, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2013, Covington uniuse ós Houston Rockets para a Liga de Verán da NBA de 2013. O 15 de xullo de 2013, asinou cos Rockets un contrato multianual. Durante a súa tempada de rookie foi asignado en varias ocasións ós Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.
O 15 de novembro de 2014, asinou cos Philadelphia 76ers.Sixers Sign Free Agent Robert Covington
O 12 de novembro de 2018, Covington foi traspasado xunto a Jerryd Bayless, Dario Šarić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Minnesota Timberwolves a cambio de Justin Patton e Jimmy Butler.
O 5 de febreiro de 2020, Covington volveu ós Houston Rockets nun traspaso entre 4 equipos e 12 xogadores.
O 22 de novembro de 2020, Covington foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio de Trevor Ariza, os dereitos do Draft de Isaiah Stewart e unha futura elección da primeira rolda do Draft.
O 4 de febreiro de 2022, Covington foi traspasado xunto a Norman Powell ós Los Angeles Clippers, a cambio de Justise Winslow, Eric Bledsoe e Keon Johnson.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados no condado de Cook, Illinois Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers