Locucións Bourar nalguén coma en centeo verde: dise cando lle dan unha malleira a alguén Eladio Rodríguez González, s. v. bourar..

Refraneiro

A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.. Centeo alto ou baixo, en maio espigado, que tardeiro ou temperau, en maio ha telo grau Eladio Rodríguez González, s. v. centeo.. Centeo alto ou baixo en marzo espigado, que tarde ou temprán ha de quedar en maio o gran. Chuvia en febreiro, bo prado e bo centeo . En febreiro, saca o boi do teu centeo Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.. Leiracho lereu, por san Xurxo no centeu A fonte, Esmorís Recamán, describe o leiracho como a un paxaro parecido á rula, de penuxe amarela verduxa e carne moi estimada. Ben pode tratarse do ouriolo.. O centeo, basto na hucha e non no terreo Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: n'a hucha, n'o terreo.. O pan centeo é bo cando é alleo Eladio Rodríguez González, s. v. pan.. O pan trigo e centeo máis val na barriga que no seo. O pantrigo e o centeo, val máis na barriga que no seo Eladio Rodríguez González, s. v. pantrigo.. O trigo centeoso fai un pan moi proveitoso. Pan albeiro ou pan centeo, millor quero do meu que do alleo . Pan centeo, antes comido que no seo . Pan centeo, millor no meu papo que no alleo . Pan de trigo ou de centeo, quéroo máis no meu ventre que no alleo . Quen ó sementar é mesquiño, prá seitura escusa fouciño Eladio Rodríguez González, s. v. seitura. Nas terras do pan chaman mes da seitura ó mes de xullo (tamén se chama así ó mes de agosto).. Trigo centeoso, pan proveitoso Eladio Rodríguez González, s. v. trigo.. Viño acedo, touciño vello e pan centeo, sosteñen a casa en peso Eladio Rodríguez González, s. v. viño..

O día de San Bernabeu, o 11 de xuño, adoita considerarse idóneo para a sega do centeo:

Día de San Bernabeu, está o sol no máis alto do ceu. Día de San Bernabel, nin na terra nin no fardel. O día de San Bernabé creba o centeo polo pé.

Cantigueiro Ai, roxiña, roxiña do pelo,/ vén comigo a mallar o centeo,/ o centeo, o centeo, a cebada,/ ai, roxiña, miña namorada Fermín Bouza Brey 1929, 176. Ai, roxiña, roxiña do pelo,/ vén comigo malla-lo centeo,/ o centeo, o centeo, a cebada,/ vén, roxiña, miña namorada Xaquín Lorenzo Fernández, 34. No orixinal: ven, mallalo.. Cálate e vaite calando,/ cara de criba centeo;/ desque tiveche as vexigas/ pareces un cordocelo Xaquín Lorenzo Fernández, 54. A criba para o centeo ten os buratos máis grandes, de aí a comparación con que está picado das vexigas; cordocelo non é máis que unha esixencia da rima.. Delgadiña de cintura/ como a palla do centeo,/ chégate a min, delgadiña,/ que non teño outro remedio Xaquín Lorenzo Fernández, 68.. Esta noite hei de ir alá,/ meniña, non teñas medo,/ déixame a porta atrancada/ cunha palla de centeo Xaquín Lorenzo Fernández, 77.. Eu casar, ben me casaba,/ pero témolle ó que temo/ que é andar cun saco ás costas: / por eiquí venden centeo Xaquín Lorenzo Fernández, 229.. Eu casar, ben me casaba,/ recear, ben o recelo;/ eso de andar perguntando/ onde se vende o centeo Xaquín Lorenzo Fernández, 79. No orixinal: beno recelo.. Eu casar ben me casaba,/ recear ben o receo,/ sinto de andar perguntando/ a como vale o centeo. Mariquiña da forneira,/ se coceres faime un bolo;/ se mo fas, faimo de trigo,/ que centeo non cho como Xaquín Lorenzo Fernández, 93.. Quédate con Dios, Ourense,/ coas túas camas de seda,/ que eu voume pra miña terra/ dormir en palla centea Xaquín Lorenzo Fernández, 137..

Notas

Véxase tamén Bibliografía BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II]. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961. VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.

centeo Categoría:Secale