Steffen Iversen, nado o 10 de novembro de 1976 en Oslo, é un futbolista internacional noruegués.
Traxectoria Fillo de Odd Iversen, recoñecido futbolista noruegués, comezou a súa carreira aos 18 anos no Rosenborg e alí gañou dous títulos de liga consecutivos. Fichou polo Tottenham Hotspur en decembro de 1996 e alí marcou 64 goles en sete anos years e logrou a League Cup. Logo dun breve período no Wolverhampton Wanderers, volveu a Noruega onde pasou dous anos no Vålerenga e participou no primeiro título de liga para o club en 21 anos. En 2006 volveu ao Rosenborg, onde gañou o seu segundo título de liga consecutivo, e logo outra vitoria na liga en 2010. O 1 de xaneiro de xaneiro de 2011 deixou o Rosenborg BK polo club inglés do Crystal Palace,« Steffen Iversen pens contract with Crystal Palace», BBC, xaneiro de 2011. e tras trece meses en Inglaterra volveu co Rosenborg pola terceira volta en febreiro de 2012.
Carreira internacional Xogou coa selección norueguesa 79 encontros dende 1998 e marcou 22 goles.;
Notas
Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Xogadores do Crystal Palace FC Categoría:Xogadores do Rosenborg BK Categoría:Xogadores do Tottenham Hotspur FC Categoría:Xogadores do Vålerenga Fotball Categoría:Xogadores do Wolverhampton Wanderers FC Categoría:Nados en Oslo Categoría:Nados en 1976 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Noruega