miniatura|dereita|130px|Diagrama do funcionamento dunha cuña (de cor negra). Unha cuña, tamén coñecida como calzo, forra ou sofico, é unha ferramenta con forma triangular e unha das seis clásicas máquinas simples. Adóitase facer de madeira ou de metal e ten unha beira acabada en ángulo agudo. Pódese empregar para separar dous obxectos ou dúas partes dun obxecto, elevalo ou mantelo nun lugar.
O funcionamento da cuña responde ao mesmo principio que o do plano inclinado. Ao movela na dirección da súa beira afiada, a cuña traslada as forzas en sentido perpendicular á dirección do movemento. Estas son as forzas que se aproveitan para separar obxectos, ou para xerar fricción e manter a cuña fixa aos obxectos cos que está en contacto.
Notas
Categoría:Máquinas simples Categoría:Mecánica Categoría:Ferramentas