Vallromanes é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.
Historia Ata o 1934, a área do actual concello pertencía a Montornès del Vallès para posteriormente ser concello propio.
A orixe da vila xira ó redor do castelo de Sant Miquel de Montornès, situado nunha elevación da cadea montañosa coñecida como Cordilleira Litoral. O castelo noméase por vez primeira no 1108. O seu dominio comprendía as parroquias de Montornès e de Vallromanes. Os seus señores eran os Montornès, pasando no século XVII a seren dominio dos señores Taverner. No 1718 reconstrúese o pazo señorial da torre Tavernera, pasando esta a ser o centro do señorío feudal e posteriormente a ser o centro da vida económica e social da vila.
Actualmente, Vallromanes é unha vila de segunda residencia, onde se teñen creado varias urbanizacións.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello
Vallromanes