Dennes Dale "D." Boon, nado o 1 de abril de 1958 no barrio de San Pedro nos Ánxeles (California) e finado o 22 de decembro de 1985, foi un vocalista, compositor e guitarrista estadounidense. Boon foi coñecido por ser o guitarrista e cantante da banda californiana de hardcore punk Minutemen. En 1985 morreu nun accidente de tráfico con 27 anos de idade.

Biografía Mocidade O seu pai era un veterano da armada que traballaba instalando radios en coches Buick. A familia vivía en antigos barracóns da segunda guerra mundial que foran convertidos en vivendas públicas.Azerrad, 2001. p. 63 Na súa adolescencia Boon comezou a pintar e asinaba os seus traballos como "D. Boon", en parte porque "D" era o seu argot para cánnabis, en parte debido a Daniel Boone, pero principalmente porque era semellante a E. Bloom, o vocalista e guitarrista de Blue Öyster Cult.Azerrad, 2001. p. 64

Minutemen Boon formou Minutemen en xaneiro de 1980 xunto co seu amigo da infancia Mike Watt no baixo. Ámbolos dous tocaran xuntos nunha banda anterior, The Reactionaries, e posteriormente incluirían en Minutemen ao batería desta, George Hurley. O grupo editaría catro álbums de estudio e oito EPs, sendo o seu traballo máis coñecido Double Nickels on the Dime.

Boon, xunto con Watt e o seu amigo Martin Tamburovich cofundaría tamén en 1980 o selo discográfico New Alliance Records, que publicaría traballos de Minutemen, Hüsker Dü ou Descendents.

Morte Minutemen estivo activa ata o 22 de decembro de 1985, cando Boon morreu nun accidente de furgoneta no deserto de Arizona, na Interestatal 10. Debido a que estivera enfermo e con febre, Boon estaba deitado na parte traseira da furgoneta sen cinto de seguridade cando o vehículo saíu da estrada. Boon saíu disparado pola porta traseira do vehículo e morreu instantaneamente ao partir o pescozo. Tiña 27 anos de idade. A banda disolveuse inmediatamente, aínda que Watt e Hurley formarían o grupo Firehose pouco despois. O álbum ao vivo ''Ballot Result foi publicado en 1987, dous anos despois da morte de Boon.

Estilo musical O estilo de Boon como guitarrista é moi característico; raramente usaba distorsión e adoitaba a configurar a ecualización do seu amplificador de xeito que só se podían escoitar as frecuencias agudas (as frecuencias baixas e medias silenciábaas completamente). O seu estilo tiña un forte sentimento funk/blues, moi diferente ao doutras bandas hardcore punk dos anos 80.

Notas

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Finados en 1985