Civilization IV (tamén coñecido como Sid Meier's Civilization IV) é un videoxogo de estratexia para computador e a cuarta entrega da saga Civilization. Foi deseñado por Soren Johnson e producido por Barry Caudill baixo a dirección de Sid Meier e desenvolvido por Firaxis Games. Estreouse en América do Norte, Europa e Australia entre o 25 de outubro e o 4 de novembro de 2005. Seguiulle Civilization V. O seu motor de xogo é Gamebryo.
Foi aclamado como un produto exemplar dun dos principais produtores de videoxogos no xénero de estratexia por quendas, e foi catalogado como un dos mellores videoxogos de todos os tempos. Civilization IV vendeu máis de 3 millóns de copias ata 2008 e gañou varios premios, incluíndo varios premios ao "Xogo do Ano". A súa canción principal, "Baba Yetu", foi a primeira peza musical de videoxogos en gañar un premio Grammy. Lanzáronse dúas grandes expansións, Civilization IV: Warlords e Civilization IV: Beyond the Sword, así como o paquete de expansión autónomo Civilization IV: Colonization, que se combinaron en 2009 nunha única edición titulada Sid Meier's Civilization IV: The Complete Edition.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Videoxogos de 2005 Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de Take Two Interactive Categoría:Videoxogos de Windows