The Ugly Duckling é unha curtametraxe clásica de animación de 1939 por Walt Disney, baseada no conto de fadas "O parrulo feo" de Hans Christian Andersen. O filme foi dirixido por Jack Cutting e Clyde Geronimi, e foi estreado nos cines o 7 de abril de 1939. A música foi composta por Albert Hay Malotte, que non foi acreditado no filme. A curtametraxe foi distribuída por RKO Radio Pictures."The Ugly Duckling ". www.bcdb.com Gañou o Oscar á mellor curtametraxe animada na 12ª edición dos premios.

Adaptación como banda deseñada A tira cómica dominical Silly Symphony publicou unha adaptación dun mes de duración de The Ugly Duckling dende o 26 de marzo até o 16 de abril de 1939.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1939 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Clyde Geronimi Categoría:Filmes dirixidos por Jack Cutting Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada Categoría:Filmes baseados en contos de fadas Categoría:Filmes baseados en obras de Hans Christian Andersen