O Reino de Nápoles e Sicilia foi o nome oficial do Reino de Nápoles durante os anos en que estivo baixo o dominio de Napoleón, entre 1806 e 1815, baixo os gobernos de Xosé I Bonaparte (1806-1808) e Xoaquín I (1808-1815).

Tras a caída de Napoleón, en 1815 o Congreso de Viena devolveu estes territorios ao antigo rei Fernando IV de Borbón, que lle cambiou o nome ao reino polo de Reino das Dúas Sicilias, reinando co nome de Fernando I.

Antecedentes miniatura|250px|María Carolina e Fernando IV, cos seus fillos. Os antigos reinos de Sicilia e Nápoles estaban ligados á coroa de Aragón desde os século XIII e XV, respectivamente. Co desmembramento da Monarquía hispánica no tratado de Utrecht (1713), estes territorios pasaron ao dominio austríaco, pero case inmediatamente os españois trataron de recuperalos, dando lugar á guerra da Cuádrupla Alianza.

Aproveitando a guerra de Sucesión polaca, en 1734, Carlos de Borbón, daquela duque de Toscana e fillo de Filipe V de España, derrotou aos austríacos coas tropas do seu pai, recuperou estes reinos para a súa dinastía, e foi recoñecido de inmediato por Francia, en virtude do Primeiro Pacto de Familia, e en 1737 polos Estados Pontificios e, a continuación, polo resto dos Estados italianos.

Carlos VII de Borbón e a súa esposa María Amalia de Saxonia foron moi queridos polos seus súbditos, e eles traballaron para gañar ese cariño. Ao pouco tempo de ser o rei de Nápoles fixo reformas e modernizou o seu novo país, logrando pronto a unidade do pobo e o recoñecemento deste para o seu rei.miniatura|Localización do Reino de Nápoles e Sicilia na Península Itálica en 1494.A denominación italiana que se observa é incorrecta, porque a República de Xénova aínda non esté incorporada ao Reino de Sardeña|esquerdaÁ morte do seu irmán Fernando VI de España, Carlos cedeu o trono de Nápoles-Sicilia ao seu fillo Fernando en 1759 para poder cinguir a coroa española. Despois da partida do rei Carlos, convertido en rei de España, subiu ao trono Fernando IV de Nápoles (e III de Sicilia, e I das Dúas Sicilias) con só oito anos de idade. Os principais rexentes do reino durante a minoría de idade do futuro rei foron Domenico Cattaneo, príncipe de San Nicandro, e o marqués Bernardo Tanucci.

Fernando IV En 1768 Fernando IV casou con María Carolina de Austria, filla da emperatriz María Tareixa I de Austria e irmá de María Antonieta, raíña de Francia.

Mentres que Fernando IV só se preocupou das relacións coa Igrexa e da construción de obras públicas, como a Academia de Arquitectura de Nápoles ou a Casa Vanvitelliana, a nova raíña logrou controlar ao seu marido e participar activamente no goberno do reino, chegando a ter unha posición de gran poder.Gies McGuigan, Dorothy (1984): Los Habsburgo. Barcelona: Grijalbo. ISBN 84-2531-586-7.

Nos primeiros anos de goberno, María Carolina mostrouse tolerante cos movementos republicanos. Porén, tras a caída de Lois XVI durante a Revolución francesa, uniuse á Primeira Coalición que formaron varios Estados europeos en contra de Francia, levando a cabo severas persecucións contra todos os sospeitosos de simpatizar coa causa revolucionaria francesa.

Primeiro período napoleónico miniatura|200px|O cardeal Fabrizio Ruffo. En 1796, o xeneral Napoleón Bonaparte invadiu Italia e venceu con facilidade ás tropas austríacas e aos débiles gobernos locais. En 1798 os franceses ocuparon Roma e os xacobinos da codade crearon a República Romana. Fernando IV de Nápoles enviou un exército para frear aos franceses. Nun primeiro momento, o xeneral napoleónico Jean Étienne Championnet retirouse de Roma, permitindo que o rei Fernando entrase triunfalmente. Pero logo, Championnet contraatacou e o exército napolitano non foi capaz de resistir, retirándose cara a Nápoles e entregando aos franceses todas as fortalezas dos territorios setentrionais do Reino, incluíndo Gaeta.De Saint Albin, Alexandre Rousselin de Corbeau (1860): Championnet, général des armées de la République française: ou les Campagnes de Hollande, de Rome et de Naples.

O 8 de decembro de 1798, Fernando IV realizou desde L'Aquila unha proclama pola que chamaba aos cidadáns a defender o Reino. Na súa marcha cara a Nápoles, o xeneral Championnet encontrou unha forte resistencia de labregos nos Abruzos e o Lacio, destacando a que organizou Michele Pezza, alcumado Fra Diavolo.

Finalmente, os franceses chegaron até as portas de Nápoles. O 22 de decembro de 1798, o rei Fernando abandonou a capital para trasladarse a Sicilia. Así e todo a resistencia foi eficaz, segundo recoñeceu o propio xeneral Championnet, pero inútil. Os defensores foron bombardeados polos mesmos napolitanos xacobinos que apoiaban a invasión fransesa e finalmente lograron tomar o Castel Sant'Elmo. Esta contenda, próxima a unha guerra civil, custou a vida de oito mil napolitanos e un milleiro de franceses.Albanese, Camillo (1998): Cronache di una rivoluzione: Napoli 1799. Milán: FrancoAngelo. ISBN 88-464-1070-X.

O 22 de xaneiro de 1799 un grupo de napolitanos xacobinos, entre os cales estaban Mario Pagano, Domenico Cirillo, Nicola Fasulo, Carlo Lauberg e Giuseppe Logoteta, proclamaron no Castel Sant'Elmo a República Partenopea (ou República Napolitana). Este novo Estado estaba controlado por Francia (era unha das chamadas Repúblicas irmás da Primeira República francesa) e por non ter apoio popular, sobre todo nas provincias, porque a poboación era leal ao seu antigo rei e desexaba o retorno da monarquía.Real Casa de Borbón de las Dos Sicilias. "El Cardenal Ruffo y las manifestaciones filoborbónicas" .

A finais de xaneiro o cardeal Fabrizio Ruffo viaxou a Palermo para presentar ao rei Fernando un proxecto de reconquista do Reino de Nápoles. Aceptado o plan, o cardeal volveu a Nápoles onde contou co apoio dos napolitanos. Miles de homes preparáronse para loitar contra os xacobinos en defensa dos borbóns. Ruffo creou o Exército Católico Real e, o 13 de xuño de 1799, Fernando IV restaurou a monarquía borbónica.

O Reino de Nápoles e Sicilia miniatura|250px|Fernando IV de Nápoles(1759-1799, 1799-1806 e 1815-1816), Fernando III de Sicilia (1759-1816), Fernando I das Dúas Sicilias (1816-1825) miniatura|250px|Xosé I de Nápoles e Sicilia miniatura|250px|Xoaquín I de Nápoles e Sicilia

Reinado de Xosé I Despois da vitoria na batalla de Austerlitz, o 2 de decembro de 1805, Napoleón entrou de novo en Italia e dominou definitivamente o Reino de Nápoles, declarando o fin da dinastía de Borbón e nomeando en 1806 rei de Nápoles e Sicilia ao seu irmán máis vello Xosé Bonaparte, función que desempeñaría durante dous anos,Julia Clary, la Reina de España más desconocida en TuotroDiario. Hola.Lindwall, Lilly (1919): Desideria. Bernadotternas anmoder. Stockholm. Åhlén och Åkerlunds Förlag. A súa eposa Xulia prefiriu permanecer separada do rei, xa que prefería vivir unha vida privada rodeada da súa familia no seu castelo de Mortefontaine, no departamento de Oise (que comprara en 1800), afastada da corte, así como do seu adúltero cónxuxe, aínda que cerimoniosamente foi tratada como raíña na corte imperial de París.Mansel, Philip (2015): The Eagle in Splendour. London: I.B. Tauris. ISBN 1-7845-3175-1.

Fernando volveu a escapar a Sicilia onde, de acordo coa Gran Bretaña, transformou a illa nun protectorado británico.

A raíña reuniuse con Xosé en Nápoles antes de abril de 1808, cando foi enviada alí por Napoleón para que o apoiase, xa que nese momento Xosé enfrontábase a unha rebelión. Cando abandonaron o reino, os napolitanos estaban convencidos de que levaran con eles moitos obxectos de valor e comentaban: "o rei chegou como un soberano e saíu como un bandido. A raíña chegou vestida con farrapos e saíu como unha soberana".

Pese a que sempre se afirmou que a razón das reticencias da raíña a viaxar a Nápoles se debía ao seu mal estado de saúde, actualmente crese que á raíña Xulia lle chegaran rumores da existencia dunha amante do seu marido. Sexa como for, a estancia en Nápoles sería breve, xa que aos poucos meses Xosé Bonaparte sería nomeado por Napoleón rei de España.

Xosé Bonaparte marchou a España para reinar, sucedéndoo en Nápoles o mariscal Xoaquín Murat, que gobernou até maio de 1815.

Reinado de Xoaquín I Facendo méritos Joachim Murat, fillo dun posadeiro, abandonou o sues estudos de teoloxía para alistarse no exército tras estalar a Revolución francesa. Polo seu valor e grandes servizos en Exipto, Napoleón infórmao dos seus plans para volver a Francia. Xunto a outros xenerais, abandona Exipto e retorna ao continente, participando activamente no Golpe de Estado do 18 de Brumario e, por orde de Napoleón, toma coas súas tropas o Palacio de Saint Cloud, sede da Asemblea. Tras a proclamación do Consulado é nomeado comandante da Guardia Consular. O 20 de xaneiro de 1800 casa con Carolina, irmá de Napoleón. Responsábel da seguridade do goberno, frustra varios complots contra o Primeiro Cónsul (seu cuñado).

O 18 de maio de 1804, tras a proclamación do Imperio, Murat é nomeado Mariscal de Francia e Grande Almirante do Imperio. Despois de estalar a guerra da Terceira Coalición, en 1805 Murat loita na batalla de Ulm contra os austríacos e despois na de Austerlitz contra os rusos. O seu valor e a súa lealdade co emperador son recompensados co título de Gran Duque de Berg (Alemaña) en 1806.

En 1808 entra en España co rango de comandante do exército e gobernador de Madrid. Neste cargo viviu como protagonista o Levantamento do dous de maio. Elaborou un detallado informe que enviaría a Napoleón, que se encontraba en Baiona reunido co rei Carlos IV e o seu fillo Fernando; dito informe analiza os feitos con tal crueza que Napoleón culpa aos seus convidados do derramamento de sangue e esixe a abdicación de ambos os dous.

Murat aproveita a oportunidade para postularse a si mesmo como rei de España, pero Napoleón prefire entregar dito posto ao seu irmán Xosé, pero para compensalo noméao o seu sucesor como rei de Nápoles e Sicilia, co nome de Xoaquín I Napoleón, o 15 de xullo de 1808.Maceroni. Francis (1838): Memoirs of the life and adventures of colonel Maceroni. London: John Macrone, St. James' Square.

Reinado Durante o seu reinado tratou de introducir na vida napolitana os costues franceses, fomentou as artes e financiou numerosas obras públicas para tratar de gañar o afecto dos seus súbditos, que sempre mostraron saudade polos antigos reis da Casa de Borbón. Entre estes procectos destacan as escavacións de Pompeia, Herculano e Estabia, que non tiveran avances significativos desde o reinado de Carlos VII e a publicación do texto "Li Antichità di Ercolano Esposte" en 1767 por parte da Real Academia de Nápoles.

En 1812 Napoleón reclámao para a Campaña de Rusia, onde dirixe a vanguarda na marcha cara a Moscova. Como sempre, actúa valentemente en pequenas escaramuzas e, sobre todo, na sanguenta batalla de Borodinó, onde lanza unha espectacular carga que logra destruír a artillaría rusa. Porén, a campaña é un desastre e, tras a retirada de Moscova, Napoleón vese obrigado a regresar a París para controlar o Imperio. Antes da súa marcha, establece un cuartel de inverno en Vilnius e nomea a Murat comandante en xefe das tropas na súa ausencia. Pero Murat móstrase de contado incapaz de remediar o descontento dos seus soldados, que saquean Vilna e os cofres do exército antes de desbandarse. Temendo un motín incontrolábel, Murat abandona o seu posto sen avisar a Napoleón e regresa a Nápoles.