Adam Bromberg, nado o 12 de marzo de 1912 en Lublin e finado o 23 de marzo de 1993 en Estocolmo, foi un editor polaco-sueco.

Traxectoria Estudou comercio internacional en Viena, politicamente comprometido co Partido Comunista de Ucraína Occidental, arrestárono en 1934 e condenárono a tres anos e medio de cadea. Logo de saír do cárcere, en decembro de 1936, por unha amnistía deixou a actividade política e estivo á fronte entre 1939 e 1941 da sección polaca da editorial estatal de minorías nacionais da República Socialista Soviética de Ucraína que tiña a sede en Lviv. En 1941 alistouse no exército soviético e en 1943 formaba parte da 1ª División de infantaría polaca Tadeusz Kościuszko como oficial político. En maio de 1944 dirixía o departamento político da 2ª División de Infantaría Varsovia. Rematou a guerra como maior con varias condecoracións e retomou súa actividade como editor no exército polaco primeiro en novembro de 1945 como xefe do departamento editorial do exército e en 1946 era vicedirector da editorial do Partido dos Traballadores Polacos “Książka”. En 1947 organizou a editorial militar, Prasa Wojskowae, que dirixiu ata que deixou o exército co grao de coronel en outubro de 1951. Desde 1953 dirixía a editorial estatal PWN e ensinou xornalismo na Universidade de Varsovia entre 1955 e 1968. A policía detívoo durante as purgas antisemitas da crise política de 1968.Henryk Grynberg "Writing about Uprootedness" in Alvin H. Rosenfeld (2008) The Writer Uprooted: Contemporary Jewish Exile Literature Indiana University Press, p. 60 En agosto de 1970 emigrou a Suecia, e alí fundou en 1975 coa súa filla Dorotea Bromberg a editorial Bromberg Bokförlag dedicada nun principio a traducións de literatura polaca.

Notas

Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Empresarios de Suecia Categoría:Nados en Lublin Categoría:Editores Categoría:Militares da Unión Soviética Categoría:Militares de Polonia