O Pallacanestro Reggiana, actualmente coñecido como UnaHotels Reggio Emilia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Reggio Emilia, Emilia-Romaña. O Basket Brescia foi fundado en 1974 e actualmente compite na Serie A, máxima categoría do baloncesto transalpino, e na Eurocup. No palmarés do equipo destacan a súa vitoria no EuroChallenge en 2014 e a Supercopa de Italia de 2015.
Historia O Pallacanestro Reggiana foi fundado no ano 1974, fusionándose dous anos despois, en 1976, co equipo da Cestistica Tricolore. En 1984 logran o seu primeiro ascenso á Serie A, e durante varias tempadas mantéñense nos postos de cabeza grazas a xogadores como Bob Morse ou Joe Bryant. En 1992 chega ao equipo o xogador Mike Mitchell, que tras dez tempadas na NBA, xoga outras sete na Reggiana, converténdose no xogador que máis partidos e máis puntos conseguiu na historia do equipo.
En 1998 disputa a súa primeira competición internacional, a Copa Korać, mais en 2001 descende á Legadue, onde permanece até 2004, cuanco consegue o campionato e o ascenso á Serie A, categoría que perde en 2007, xogando desde entón na segunda división do baloncesto italiano até 2012, cando ascende á máxima categoría quedando campión da liga regular. Tras o seu regreso, no primeiro ano consegue finalizar sexto, podendo participar nos play-offs polo título, onde son derrotados na primeira rolda. O mesmo sucedería o ano seguinte. Porén, nas temporadas 2014−15 e 2015−16, consegue acadar o subcampionato, perdendo na final ante o Dinamo Sassari e o Olimpia Milano respectivamente.
Patrocinios Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
Magazzini Jolly Reggio Emilia (1974−1977) Cantine Riunite Reggio Emilia (1977−1990) Sidis Reggio Emilia (1990−1993) Ceramica Campeginese Reggio Emilia (1993−1994) Meta System Reggio Emilia (1994−1995) CFM Reggio Emilia (1995−1998) Zucchetti Reggio Emilia (1998−1999) Bipop Carire Reggio Emilia (1999−2007) Trenkwalder Reggio Emilia (2007−2012) Grissin Bon Reggio Emilia (2013−2020) UnaHotels Reggio Emilia (2020−presente)
Xogadores Salón da Fama Os seguintes xogadores foron incluídos no Salón Fama do club:
Piero Montecchi (1982−1987) Gianluca Basile (1995−1999) Joe Bryant (1989−1991) Mike Mitchell (1992−1999) Bob Morse (1984−1986) Pino Brumatti (1983−1987)
Palmarés Nacional Liga de Italia Subcampións (2): 2015, 2016 Copa de Italia Subcampións (1): 2005 Supercopa de Italia Campións (1): 2015 Segunda División de Italia Campións (2): 2004, 2012 Copa da Segunda Divisón Campións (1): 2012
Europeo EuroChallenge Campións (1): 2014
Historial Ano Liga Copa EuropaNivelLigaPlay-offNivelResultadoNivelLigaResultado 2003–04 2 LegaDue 1 <center> – – 2004–05 1 Serie A13 – 1 Subcampión – 2005–06 1 Serie A11 – – <center>2 ULEB Cup 2006–07 1 Serie A 17 – – – 2007–08 2 LegaDue 4 Semifinalista – – 2008–09 2 LegaDue 14 – – – 2009–10 2 LegaDue 5 Semifinalista 2 Semifinalista – 2010–11 2 LegaDue 13 – – – 2011–12 2 LegaDue 1 – 2 Cuartofinalista – 2012–13 1 Serie A 6 Cuartofinalista 1 Cuartofinalista – 2013–14 1 Serie A 7 Cuartofinalista 1 Semifinalista <center>3 EuroChallenge <center> 2014–15 1 Serie A 3 Subcampión 1 Semifinalista <center>2 EuroCup <center> 2015–16 1 Serie A 2 Subcampión 1 Cuartofinalista <center>2 EuroCup <center> 2016–17 1 Serie A 6 Cuartofinalista 1 Semifinalista – 2017–18 1 Serie A 12 – – <center>2 EuroCup <center> 2018–19 1 Serie A 13 – – – 2019–20 1 Serie A – – – 2020–21 1 Serie A 11 – 1 Cuartofinalista <center>4 FIBA Europe Cup <center> 2021–22 1 Serie A 7 Cuartofinalista 1 Cuartofinalista <center>4 FIBA Europe Cup <center>
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Italia