A Universidade de Nova York (en ) (NYU) é unha universidade privada de investigación que se atopa en Nova York. Fundada en 1831, a NYU é unha das meirandes institucións sen ánimo de lucro de ensino superior nos Estados Unidos. As clasificacións de universidades recollidas por U.S. News and World Report, Times Higher Education e o Academic Ranking of World Universities sitúan áUniversidade de Nova York no top 34 das universidades de todo o mundo. A universidade está organizada en máis de 20 colexios e institutos, que se atopan en seis centros de Manhattan e Downtown Brooklyn. O campus principal está en Greenwich Village, en Lower Manhattan con institutos e centros no Upper East Side, edificios académicos en Wall Street, e o campus de Brooklyn en MetroTech Center do Downtown Brooklyn. A Universidade tamén estabeleceu a NYU Abu Dhabi, a NYU Shanghai e mantén outros 11 Centros Académicos Globais en Accra, Berlín, Buenos Aires, Florencia, Londres, Madrid, París, Praga, Sidney, Tel Aviv e Washington, D.C.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Universidade de Nova York