miniatura A avenida de Oza é unha rúa da cidade da Coruña que atravesa os barrios da Gaiteira e Os Castros.La asociación de Oza, Os Castros y A Gaiteira critica la falta de inversiones en el barrio

Historia Orixinariamente a rúa formaba parte da estrada da Pasaxe. Coa súa urbanización foi bautizada en dous tramos como avenida de García Prieto, ata a Gaiteira, e de Francisco Ferrer a partir dese punto. En 1936 bautizouse como avenida do general Sanjurjo.Máis de vinte rúas cambiarán de nome, a metade delas por segunda vez na súa historia

O nome actual lembra o antigo concello de Oza e foi proposto en 2009, chegando a colocarse algunhas placas.General Sanjurjo pasará a llamarse avenida de Oza y la Universidade tendrá una placa entre Elviña y el BirloqueInician la sustitución de placas de General Sanjurjo por avenida de Oza Finalmente o 5 de abril de 2016 modificouse o nome para cumprir a Lei da memoria histórica.La avenida General Sanjurjo estrena hoy su nueva denominación como avenida de Oza

O 30 de abril de 1987 a sucursal do Banco Pastor da avenida sufriu un atentado terrorista que causou importantes danos materiais, tanto na propia oficina coma nos predios veciños, consecuencia da onda expansiva.Estallan ocho bombas en entidades bancarias de seis ciudades gallegas

Arquitectura Entre os edificios catalogados na avenida de Oza están: Nº 8, edificio racionalista de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1939-1942). Nº 32, 41-43 e 183, edificios racionalistas. Nº 150, edificio modernista de 1950. Nº 152, edificio modernista de 1925.Un tesoro modernista en Os Castros

No número 117 da avenida sitúase o antigo concesionario de Citroën, de Andrés Fernández-Albalat Lois (1964), que chegou a ter licenza de derrubamento en 2012.El edificio de la Citroën sobrevive al plan de derriboEl Ayuntamiento da por caducada la licencia de derribo del edificio Citröen de General Sanjurjo

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Rúas da Coruña