Martorelles é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental. Limita cos concellos de Montornès del Vallès, Santa Maria de Martorelles, Sant Fost de Campsentelles e Mollet del Vallès.

Historia Durante a ditadura de Primo de Rivera coma consecuencia da necesidade derivada do rápido crecemento dalgunhas poboacións, apróbase unha lei que permite a segregación dos municipios. É nese período cando o antigo pobo de Martorelles, froito do forte crecemento demográfico, se estende cara á ribeira do río Besòs. Os servizos básicos coma as escolas e os médicos trasládanse á parte baixa da localidade, xerando descontento entre os veciños da parte alta. Doutra banda no 1911 o concello de Martorelles pide á Deputación de Barcelona que se faga cargo da construción da estrada que cruza toda a localidade. Por diversos motivos a construción da estrada quedou incompleta, afondando máis o sentimento de abandono de parte dos cidadáns.

Nestas circunstancias, no 1927, unha comisión de veciños de Martorelles de arriba, presenta unha instancia ó concello solicitando a segregación do municipio. Finalmente no 1927 apróbase a disposición real pola cal se concede a segregación solicitada e créase o novo concello de Santa María de Martorelleshttp://www.martorelles.cat/municipi/martorelles-1/passegem-per-la-historia-de-martorelles/passegem-per-la-historia-de-martorelles Documento coa historia de Martorelles .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do concello

Martorelles