Serge Tonnar, nado o 3 de febreiro de 1970 en Luxemburgo, é un músico, compositor, escritor e actor luxemburgués.
Traxectoria Irmán do director de cine Yann Tonnar, estudou a carreira de xornalismo en Bruxelas e desde 1993 ata 1995 traballou na emisora Radio 100,7 ao tempo que colaboraba con artigos culturais en periódicos como Grénge Spoun, Tageblatt e Lëtzebuerger Land.
No ámbito da música colaborou con grupos diversos grupos tales como Battaklang, Blue Screw, Claudine Muno and the Luna Boots e Taboola Rasa. No ano 2001 estableceu a súa propia banda de rock, Zap Zoo. que lanzou catro álbums con temas en inglés. e en 2003 fundou o grupo Serge Tonnar & Legotrip, nun estilo pop-rock, tamén con catro álbums editados, con temas fundamentalmente en luxemburgués. En 2008 publicou un álbum en solitario, Pärele bei d'Sei. Realizou desde 2000 bandas sonoras dalgúns filmes, compoñendo a música dos filmes de Andy Bausch Le club des chômeurs (2002) e Deepfrozen (2006). As letras das súas cancións adoitan ser de crítica sociopolítica, denunciando a homofobia, a xenofobia ou a intolerancia.Ficha no Dictionnaire des auteurs luxembourgeois
Tonnar tamén é autor, actor, director e produtor de pezas teatrais en lingua luxemburguesa. Foi un dos fundadores do colectivo literario MASKéNADA en 1995 e mais entre 2008 e 2012 foi o presidente da Fédération luxembourgeoise des théâtres professionnels.
Obra
Teatro 2001: Eat it 2003: All Dag, esou géint 5 fir 12. E Familliendrama mat Happy End 2003: Schlof, Kënndche schlof 2004: Talk Show 2006: Exit Lëtzebuerg 2007: Superstar 2015: Frittparade 2000. Dem Frittekätt seng ketchuprout Revanche Bandas sonoras 2002: Le club des chômeurs 2003: L'homme au cigare 2004: La revanche 2004: Monsieur Warum 2006: Deepfrozen 2007: Über Wasser 2008: Weilerbach 2010: Schockela, Knätschgummi a brong Puppelcher 2010: Mir wëllen net bleiwen 2010: Trouble No More 2011: Schrebergaart 2012: D'Belle Epoque 2016: Streik!
Álbums en solitario 2008: Pärele bei d'Sei Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Canle oficial de Youtube
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Directores de teatro de Luxemburgo Categoría:Compositores Categoría:Músicos de Luxemburgo Categoría:Actores de Luxemburgo Categoría:Actores de teatro Categoría:Dramaturgos do século XXI Categoría:Escritores en lingua luxemburguesa Categoría:Nados na cidade de Luxemburgo Categoría:Personalidades da radio de Luxemburgo Categoría:Letristas Categoría:Escritores de Luxemburgo