miniatura|250px|Barco Rabelo coa Ribeira de Porto ó fondo. miniatura|250px|Barco rabelo con barricas de ñnavegando no río Douro, 1900. miniatura|250x250px|Modernos rabelos para paseos turísticos. O barco rabelo é unha embarcación portuguesa, típica do río Douro que tradicionalmente transportaba as barricas de viño do Porto dende o Alto Douro, onde se atopan as viñas, até Vila Nova de Gaia - Porto, Portugal, onde o viño era almacenado e, posteriormente, comercializado e enviado a outros países.

Sendo un barco de río de montaña, o rabelo non ten quilla e é de fondo chan, variando o seu tamaño entre 19 e 23 metros de eslora e 4,5 metros de manga. A súa construción é con taboleiros superpostos, ó estilo nórdico, a diferenza das naves de orixe mediterránea.

Cunha vela cadrada, o rabelo era manexado normalmente por seis ou sete homes. En canto ós mastros, só empregan un, tamén ó estilo nórdico. Para o seu goberno, utiliza un remo longo en popa, chamado "espadela". Cando era preciso, os barcos remontaban o río remolcados dende camiños de sirga por homes ou por bois.

Véxase tamén Outros artigos Viño do Porto Rexión viñateira do Alto Douro

Categoría:Barcos de vela