A dos engraulinos (Engraulinae) é unha subfamilia da familia dos engráulidos que comprende numerosas especies de peixes denominados comunmente bocareus, bocartes, anchoas ou anchovetas, distribuídas por augas costeiras dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico, así como no mar Mediterráneo e en grandes lagos de auga tanto doce como salgada, en zonas cálidas e temperadas.Engraulinae no SIIT.
Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1861 polo ictiólogo e paleontólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.
Etimoloxía O nome científico Engraulinae está formado normalmente sobre a raíz do nome do se xénero tipo, Engraulis, coa adición da desinencia do latín científico -inae, propio das subfamilias de animais.
Sinónimos Ademais de polo nome que lle impuxo Gill, a subfamilia coñeceuse tamén polo sinónimo Engraulidinae.
Xéneros Na actualidade na subfamilia recoñécense os xéneros seguintes: Amazonsprattus Roberts, 1984 Anchoa Jordan & Evermann, 1927 Anchovia Jordan & Evermann in Jordan, 1895 Anchoviella Fowler, 1911 Cetengraulis Günther, 1868 Encrasicholina Fowler, 1938 Engraulis Cuvier, 1816 Jurengraulis Whitehead in Whitehead, Nelson e Wongratana, 1988 Lycengraulis Günther, 1868 Pterengraulis Günther, 1868 Stolephorus Lacepède, 1803
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Engraulinae en Fossilworks.
Categoría:Clupeiformes Categoría:Produtos da pesca