Judith Hooper, nada en 1949 en San Francisco,"Judith Hooper". Contemporary Authors Online. Gale. 19 de outubro de 2005. Consultado o 12 de agosto de 2008. é unha xornalista norteamericana.

Hooper traballou como editora e escritora para a revista Omni. Co seu marido, Dick Teresi, coescribiu os libros The Three-Pound Universe (1986) e Would the Buddha Wear a Walkman? A Catalogue of Revolutionary Tools for Higher Consciousness (1990). Posteriormente escribiu o controvertido libro Of Moths and Men (2002), no que argumenta que os experimentos sobre a Biston betularia (bolboreta nocturna exemplo de selección natural) levados a cabo por Bernard Kettlewell entre 1952 e 1972 eran defectuosos e mesmo, implicitamente, dáse a entender que eran fraudulentos. Hooper escribe no prólogo do seu libro, "Eu non son unha creacionista, pero ser acrítica sobre a ciencia é convertela nun dogma."Judith Hooper. Of Moths and Men. W.W. Norton, 2003. xix. Os papeis de Kettlewell foron reexaminados por Rudge (2005) e Young (2004) que non encontraron xustificación para unha acusación de fraude, e dixeron que "Hooper non proporcionaba nin unha pequena proba que sostivese esta seria alegación". O xenetista Michael Majerus investigou o asunto destas afirmacións de Hooper sobre os traballos de Kettlewell, e concluíu que ela comprendera mal a selección natural e os detalles da predación sobre a Biston betularia. Marjerus considera que este insecto é un exemplo de selección natural excelente para a súa ensinanza escolar.Michael E. N. Majerus, Industrial Melanism in the Peppered Moth, "Biston betularia: An Excellent Teaching Example of Darwinian Evolution in Action ", Evolution: Education and Outreach, DOI 10.1007/s12052-008-0107-y, 2008. Marjerus repetiu posteriormente en 2001-2008 experimentos similares aos de Kettlewell, que foron publicados póstumos en 2012 e que confirman a corrección das afirmacións de Kettlewell.

Notas

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Personalidades do xornalismo