miniatura|250px|Centro de Saúde de Taboadela (Ourense). A Medicina Familiar e Comunitaria, tamén denominada Medicina de Familia e Comunitaria, é unha especialidade médica recoñecida en España desde 1978. O seu ámbito de actuación é a Atención Primaria de Saúde.

Características A especialidade xorde a partir da necesidade de reformar o sistema sanitario público español (Sistema Nacional de Saúde) seguindo as directrices da Lei Xeral de Sanidade, coa intención de potenciar de maneira clara o primeiro nivel de atención dos pacientes en contacto co sistema sanitario.Ley 14/1986, de 25 de abril, General de Sanidad. BOE. 29/04/1986; (102):15.207-24. Para iso necesitábanse profesionais adecuados ás novas necesidades, con capacidade real de resolución de problemas de saúde á cabeceira do doente, o que ademais supón mellorar a eficiencia do sistema sanitario, ao resolver practicamente o 90% dos problemas de saúde neste nivel, derivando a outros niveis do sistema os problemas de saúde que, pola súa complexidade ou requerimintos tecnolóxicos, necesiten outros recursos.

Os médicos de atención primaria traballan cunha visión do enfermo holística, integral e biosicosocial. A atención baséase no doente, e non na enfermidade, na familia ou o contorno máis inmediato do paciente como condicionantes do estado de saúde, introducíndose unha visión comunitaria da medicina, a partir dunha análise da comunidade, a cal pode actuar como fonte de enfermidade ou como medio terapéutico, desde onde se pode actuar con medidas preventivas e de promoción da saúde. A actuación sobre a poboación é lonxitudinal (ao longo da vida do doente) e inclúe tanto a atención na consulta como no domicilio ou dentro dos diferentes recursos sociais (escolas, residencias de anciáns etc.).

Para poder conseguir este perfil de profesional, o ámbito de coñecementos da medicina de familia é moi amplo e inclúe practicamente todas as áreas médicas e cirúrxicas, de psiquiatría e de xestión sanitaria, sendo a capacidade de intervención sobre os problemas de saúde só limitada polos propios coñecementos e aptitudes do profesional e polas limitacións estruturais e de medios técnicos de que se dispoña.

O acceso á formación en medicina de familia e comunitaria é parte do posgrao, a partir do programa MIR (Médico Interno Residente) que ten unha duración de catro anos.Ministerio de Sanidad y Consumo. Programa formativo de la especialidad de Medicina Familiar y Comunitaria (España). BOE. 03/05/2005; (105):15.182-225 . A medicina de familia e comunitaria está abrindo o camiño cara á universidade, para poder constituír unha área de coñecementos propia no currículo da licenciatura de medicina.

Os principios básicos da especialidade foron claramente sinalados por moitos autores, entre os cales se conta Ian McWhinney. Aínda que outros médicos axudadoron a consolidar un corpo de coñecementos, un marco epistemolóxico propio, que lle permite obter identidade e poder ser recoñecida como unha verdadeira especialidade médica.

Noutros países O propio nome da especialidade é motivo de controversias, aínda cando teñan programas de formación semellantes, non necesariamente iguais. Os General Practitioners de Suecia ou do Reino Unido son exemplo diso, ou a "Medicina Xeral Integral" (3 anos de estudo) que implementan os modelos de saúde cubano e venezolano no primeiro nivel de atención. En Venezuela é un posgrao universitario que ten unha duración de tres anos, avalado polo "Instituto de Altos Estudios en Salud Pública Dr. Arnoldo Gabaldón" do Ministerio do Poder Popular para a Saúde.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Casado Vicente, V. (coordinadora) (2012): Tratado de Medicina de Familia y Comunitaria (2ª ed.). Madrid: Panamericana. ISBN 978-84-9835-585-7- Martín Zurro, A.; Cano Pérez, J. F. e Gené Badia, J. (2014): Atención Primaria (7ª ed.). Barcelona: Elsevier. ISBN 978-84-9022-867-8. Roa, R.; Ruiz, M. L. e Siede, J. (1997): Medicina Familiar. Hacia un nuevo modelo de Atención de la Salud. Principios y Herramientas. Buenos Aires: Ed. Akadia. ISBN 950-9020-71-0.

Ligazóns externas Médicos Familiares Equipo CESCA Red Española de Atención Primaria (REAP) Sociedad Española de Medicina de Familia (SemFYC) Sociedad Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN) Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia (SEMG)

Categoría:Especialidades médicas