250px|miniatura|Igrexa de San Loyola Algorta é un barrio da cidade de Getxo, en Biscaia. É o maior núcleo de poboación do concello con 39.184 habitantes (2008).

O seu centro neurálxico é a praza da Estación ou praza do Metro, na rúa Telletxe. Nesa zona atópase a maior parte do comercio do barrio. Articúlase arredor da avenida Basagoiti, peonil e que une as prazas históricas da localidade, as de San Nicolás e San Ignacio.

O barrio pode dividirse en pequenos barrios como son: Sarrikobaso, Fadura, Villamonte, Alango, Aldapa e Portu Zaharra.

Categoría:Barrios de Getxo