No ceo (en ) é unha novela do escritor francés Octave Mirbeau. É a cuarta obra narrativa que Octave Mirbeau asinou co seu nome. Apareceu nas páxinas de L’Écho de Paris entre setembro de 1892 e maio de 1893, e publicouse en 1989 en volume independente.
Foi traducido ó galego por Xavier Senín e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2015.
Sinopse dereita|miniatura|Vincent Van Gogh, A noite estrelada, 1889
Mirbeau evoca o carácter tráxico da condición humana, condenada ao absurdo, á angustia existencial, á soidade e á incomunicación, a través da relación entre os seus dous personaxes principais: Georges, un escritor frustrado, que narra en primeira persoa algúns dos acontecementos da súa vida; e Lucien, un pintor innovador e máis esixente, inspirado directamente na figura de Vincent van Gogh, que se suicida cortándose a man culpable.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Dans le ciel, ou la tragédie de l'artiste», artigo de Pierre Michel
Categoría:Obras traducidas do francés ao galego Categoría:Novelas en francés Categoría:Obras literarias de 1893