miniatura|Elaeagnus angustifolia. miniatura|Froitos da árbore do paraíso
A árbore do paraísoLuís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 1. A-B. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 375. ISBN 84-95335-45-XTermos esenciais de botánica, páx 23, Universidade de Santiago de Compostela, 2004. (Elaeagnus angustifolia) é un arbusto ou unha árbore caducifolia da familia Eleagnaceae. Nativa do sueste de Europa e Asia Menor, comezou a se cultivar na Europa Occidental no século XVIII e en América do Norte a fins do século XIX.
Descrición
Esta árbore pode acadar ata 10 m de altura. Ten follas estreitas, lanceoladas e abrancazadas e flores aromáticas. O froito é unha drupa amarela avermellada, semellante ao dátil, que serve de alimento a moitas especies de paxaros.
Etimoloxía
O nomes comúns de árbore do paraíso ou oliveira do paraíso débense moi probabelmente a ser citada na Biblia coma unha árbore que se atopaba no Edén. Oliveira, porque as follas aseméllanse ás desta árbore.
Respecto do nome científico, semella que Carl von Linné o escolleu baseándose nas palabras gregas "eleia" (oliveira) e "agnos" (agnocasto ou árbore da castidade, unha planta que se asemella á árbore). Outras fontes aseguran que o nome deriva da mesma palabra grega "eleia" e a tamén grega "gennao" (procrear algo semellante), indicando deste xeito á súa semellanza coa oliveira.
Distribución e hábitat É orixinario de zonas secas a aridas de Asia occidental e central, desde o sur de Rusia e Kazakhstán até Turquía.
Unha das poboacións máis senlleiras é a presente en Valdemoro, no parque denominado "Bolitas del Airón", por ser o único arboredo espontáneo da Península Ibérica.
Propiedades A madeira é considerada de má calidade e sen valor comercial.
Empezou a cultivarse en 1736, en Alemaña. Actualmente, o seu cultivo está moi estendido en Europa central e meridional, polo seu uso ornamental e tamén polas súas flores recendentes e o seu froito comestíbel.
Taxonomía Elaeagnus angustifolia foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 121. 1753. sinonimia Elaeagnus argentea Moench Elaeagnus caspica (Sosn.) Grossh. Elaeagnus dactyliformis Schltdl. Elaeagnus erivanensis Fisch. ex Schltdl. Elaeagnus hortensis M.Bieb. Elaeagnus igda (Servett.) Tzvelev Elaeagnus iliensis (Musch.) Musch. Elaeagnus incana Lam. Elaeagnus inermis Mill. Elaeagnus litoralis (Servett.) Kozlowsk. Elaeagnus longipes var. hortensis (M. Bieb.) Maxim. Elaeagnus moorcroftii Wall. ex Schltdl. Elaeagnus orientalis L. Elaeagnus oxycarpa Schltdl. Elaeagnus oxycarpa var. microcarpa (Servett.) Tzvelev Elaeagnus songarica var. kozlovskajae Tzvelev Elaeagnus songorica (Bernh. ex Schltdl.) Schltdl. Elaeagnus spinosa L. Elaeagnus tifliensis Vis. Elaeagnus tomentosa Moench Elaeagnus turcomanica Kozlowsk. en PlantList
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Flora of China Editorial Committee. 2007. Fl. China 13: 1–548. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi. Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.
Categoría:Árbores Categoría:Froiteiras Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Eleagnus Categoría:Flora de Asia Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Plantas descritas en 1753