Marcelo Amado Djaló Taritolay, máis coñecido como Marcelo Djaló, nado o 8 de outubro de 1993 en Barcelona (Cataluña), é un futbolista español de orixe guineana, que xoga como defensa central no Buriram United de Tailandia. É internacional coa selección de Guinea-Bissau.
Traxectoria Nado en Barcelona e con orixes guineana e arxentina, formouse como futbolista na canteira do Real Madrid. En xullo de 2012, tras finalizar o seu período como xuvenil, comeza adestrar co CF Badalona da Segunda División B, asinando polo equipo un mes máis tarde. Ese temporada debuta como sénior, xogando finalmente 21 partidos onde anotou dous goles. No verán de 2013 asina co Granada CF, sendo asignado ao filial da Segunda B. Con todo, chega debutar co primeiro equipo en Copa do Rei ante o Sevilla FC.
O 19 de agosto de 2014 asina contrato co Juventus FC da Serie A italiana, sendo inmediatamente cedido de volta aos andaluces por un ano. Na seguinte temporada é cedido ao Girona FC da Segunda División. Tras non dispoñer de moitas oportunidades cos xerundenses, é cedido até o final de temporada ao UCAM Murcia, equipo co que consegue o ascenso á cetegoría de prata. Na temporada 2016-17 é cedido ao Club Deportivo Lugo, equipo que ficando para a temporada seguinte en propiedade. O 3 de xullo de 2017, tras finalizar a campaña 2016−17, é traspasado ao Fulham FC por uns 800.000 €.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesBadalonaSegunda B2012-2013212Granada BSegunda B2013-2014260Granada BSegunda B2014-2015190GranadaLa Liga2014-201500GironaLa Liga 22015-201600UCAM MurciaSegunda B201630CD LugoLa Liga 22016-2017242
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Futbolistas de Guinea-Bissau Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CF Badalona Categoría:Xogadores do Granada CF B Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores do UCAM Murcia Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Fulham FC Categoría:Xogadores do Extremadura UD Categoría:Xogadores do Boavista FC Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do Buriram United FC