A Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down, máis coñecida como Down Galicia, é unha organización sen ánimo de lucro, que agrupa ás entidades específicas para a síndrome de Down de Galicia. Foi constituída no ano 1998 para canalizar as demandas deste colectivo no ámbito galego e achegar solucións que contribuísen a normalizar a súa situación na sociedade dunha forma inclusivaXunta de Galicia «A Consellería de Política Social explora novas vías de colaboración con Down Galicia» Consultado o 1 de xullo de 2016. Segundo os seus estatutosDown Galicia «Memoria de actividades 2014 » Consultado o 1 de xullo de 2016, Down Galicia ten como obxectivo conseguir que as persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual alcancen a máxima capacidade posible para levar unha vida autónoma, tomar as súas propias decisións e formar parte da sociedade dunha forma visible e inclusiva.

Down Galicia pertence á Federación Española de Institucións para a síndrome de Down (Down España) e forma parte do Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI-Galicia) e da Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN-Galicia). A Federación foi declarada de Utilidade Pública pola Orde INT/2958/2006, do 12 de setembro (BOE nº 232 do 28 de setembro de 2006) BOE «Orden INT/2958/2006, de 12 de septiembre, por la que se declaran de utilidad pública Down Galicia» Consultado o 1 de xullo de 2016.

Áreas de actuación Down Galicia desenvolve o seu labor a través do chamado Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP)Praza Pública «Síndrome de Down: A súa vida tampouco ten límites» Consultado o 1 de xullo de 2016, organizado en seis áreas de atención, que abrangue todo o período evolutivo das persoas. Área de atención temperá Área de educación Área de formación e emprego Área de vida adulta e independente Área complementaria Área transversal

Entidades membro Down Galicia agrupa actualmente sete entidades locais, situadas todas elas en GaliciaDown Galicia «Entidades » Consultado o 1 de xullo de 2016: Down Vigo Down Pontevedra “Xuntos” “Teima” Down Ferrol Down Lugo Down Compostela Down Coruña Down Ourense

Notas

Véxase tamén Outros artigos Síndrome de Down Discapacidade Ligazóns externas Páxina web de Down Galicia

Categoría:Asociacións de Galicia