Gualba é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.
Xeografía O concello localízase no extremo nordés do Vallès Oriental. Limita ó nodés co concellos de Riells i Vilabrea, ó sueste cos concellos de Batllòria e Tordera, ó noroeste con Fogars de Montclús e Campins e ó suroeste con Sant Celoni.O seu eixo hidrográfico é a riera de Gualba, que recibe auga de diversos regueiros, antes de desembocar no río Tordera. A parte alta desta riera, de gran valor paisaxístico, englóbase dentro do Parque Natural do Montseny. Debido a súa localización privilexiada e á súa paisaxe, foron varios os excursionistas e escritores que se inspiraron en Gualba para os seus traballos. Citar ó romántico Víctor Balaguer ou Artur Osona. Mais o máis salientábel foi Eugeni d'Ors coa súa novela Gualba la de mil veus (Gualba, a de mil voces).
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello
Gualba