A Paz insta ás igrexas á tolerancia (en ) é unha pintura dun artista neerlandés anónimo da primeira metade da década de 1600. Pertence ó Rijksmuseum de Ámsterdam, deixado en préstamo ó Museo Catharijneconvent de Utrecht.
Descrición Nunha escena interior atópanse arredor dunha mesa Jean Calvin cun tenreiro asado, á súa esquerda o Papa sostendo unha ola e con dous gatos no colo, ó outro lado do papa, tamén sentado Martiño Lutero tocando o laúde. A carón dunha cheminea, de xeonllos, pódese ver ó anabaptista Menno Simons con pan nunha bandexa. Á esquerda da pintura está a personificación feminina da Paz cunha póla de oliveira na man. Na estancia hai pendurados dous cadros: sobre o armario da dereita a caridade cos seus fillos. Na parede do fondo está representada a Paz xunto coa xustiza. Arredor da escena central amósanse textos explicativos en verso.
Mercado en 1968 de xeito anónimo en Francia polo coleccionista Bosman de Bruxelas, foi doado o mesmo ano ó Rijksmuseum de Ámsterdam, dende o ano 1977 está prestado ó Museo Catharijneconvent, de Utrecht.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vrede maant de kerken tot verdraagzaamheid (vídeo)
Categoría:Barroco Categoría:Arte dos Países Baixos