Antón I Naxib (en ), nado en Samalut (gobernación de Minia, Exipto) o 18 de marzo de 1935 e finado no Cairo o 28 de marzo de 2022, foi un eclesiástico católico copto, Patriarca de Alexandría entre 2006 e 2013, e cardeal da Igrexa Católica.
Traxectoria Primeiros anos Entre 1953 e 1958 estudou no seminario interritual de Maadi (O Cairo) e, posteriormente, na Pontificia Universidade Urbaniana de Roma. Á súa volta a Exipto, realizou o servizo militar, e posteriormente foi ordenado sacerdote o 30 de outubro de 1960. Despois de exercer o seu ministerio durante un ano en Al-Fikria, na gobernación de Minia, volveu a Roma onde licenciouse en Teoloxía en 1962 e en Sagradas Escrituras en 1964 polo Pontificio Instituto Bíblico. A partir de 1964 foi profesor de Sagrada Escritura no seminario de Maadi. Tamén traballou coa Sociedade Bíblica do Líbano nunha nova tradución árabe do Novo Testamento, común para católicos, ortodoxos e protestantes. Bispo de Minia O 26 de xullo de 1977 foi nomeado bispo de Minia. Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca Estevo I o 9 de setembro.
Durante o seu pontificado preocupouse especialmente pola formación dos sacerdotes, para os que instituíu retiros e cursos formativos específicos de xeito continuo ao longo do ano. Tamén esforzouse na formación relixiosa dos laicos, fomentando as vocacións ao sacerdocio e á vida consagrada. Outra das súas prioridades na eparquía de Minia foi a educación, polo que creou tres escolas católicas, abertas a cristiáns e musulmáns.
Por problemas de saúde, renunciou ao goberno da eparquía o 9 de setembro de 2002. Patriarca de Alexandría O 30 de marzo de 2006 foi elixido patriarca de Alexandría polo Santo Sínodo da Igrexa Católica Copta. Unha semana máis tarde, o papa Bieito XVI lle concedeu a comuñón eclesiástica.
No consistorio do 20 de novembro de 2010 o papa Bieito XVI creouno cardeal.
En febreiro de 2012, a súa saúde deteriorouse novamente, polo que o bispo de Asiut Kirilus Wiliam foi designado para gobernar a Igrexa en caso de incapacidade do patriarca. O cardeal sufriu un ataque cerebral o 31 de decembro de 2011 que lle provocou unha parálise parcial e dificultades na fala. Renunciou ao cargo de patriarca o 15 de xaneiro de 2013.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Exipto Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos católicos de Exipto Categoría:Bispos da Igrexa católica copta Categoría:Patriarcas católicos coptos de Alexandría Categoría:Cardeais creados por Bieito XVI Categoría:Cardeais de Exipto Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Urbaniana Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Bíblico