A estación de Tafalla é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Tafalla, en Navarra. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 138,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Castejón de Ebro e Altsasu, a 421,5 metros de altitude.Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento

Historia A estación foi aberta ao tráfico o 15 de setembro de 1860 coa apertura do tramo Caparroso-Pamplona da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía do Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.Memoria de FZP páxina 3, froito da Xunta Xeral de Accionistas celebrada o 8 de xuño de 1861. Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarrís de Zaragoza a Pamplona e Barcelona.Zaragoza á Pamplona y Alsasua spanishrailway O 1 de abril de 1878 a súa mala situación económica forzouna a aceptar unha fusión con Norte. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración de Norte na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

En 2013 os seus usuarios comezaron a preocuparse pola posible desaparición desta estación, dado que o proxecto do tren de alta velocidade de Navarra non contempla unha estación en Tafalla. Por este motivo solicitaron o apoio de máis de 3.000 veciños da comarca de Tafalla cunha recollida de firmas. O 15 de setembro de 2013, con motivo do 153 aniversario da inauguración desta estación, convocaron un acto nas súas instalacións para reivindicar o seu mantemento.

A estación Sitúase ao oeste do núcleo urbano. O edificio para viaxeiros nunha ampla estrutura formada por un pavillón central de tres pisos e dúas ás laterais de menor altura. Os seus vans, están decorados con arcos de medio punto. Ten tres plataformas, unha lateral e dúas centrais ás que acceden tres vías. Dispón de venda de billetes, sala de espera, aseos e cafetería. No exterior existe un aparcadoiro habilitado.

Servizos ferroviarios Longa distancia Actualizado a 22 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla Pamplona 3/4 trens diarios por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 6 trens semanais por sentido

Media distancia Actualizado a 22 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 26 Rexional Exprés Zaragoza-Delicias <> Pamplona 26 Rexional Exprés Castejón de Ebro <> Vitoria

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Información na web de Adif

Tafalla Categoría:Tafalla