As Ciencias e as Artes é unha pintura ó óleo sobre táboa pintada entre 1607 e 1650 polo pintor flamengo Adriaan van Stalbemt.

Descrición e interpretación Un grupo de sabios discute ao redor de varias mesas mentres que outro grupo de persoas contempla os cadros que hai colgados nas paredes da estancia. A obra mostra no centro a dous personaxes contemplando un cadro no que se representa a destrución de obras de arte polos protestantes a finais do século XVI. Unha mesa de madeira ocupa a parte dereita da imaxe con álbums con gravados, mapas marítimos, escudos, medallas, compases e un globo terráqueo.

A pintura pretende mostrar a protección que nos católicos Países Baixos españois se facía da cultura e das artes, mentres que nas protestantes Provincias Unidas do norte esta protección non existía.

Versións do cadro miniatura|dereita|Os arquiduques Alberte e Isabel visitando un gabinete de coleccionista de Jan Brueghel o Vello. Existen ata cinco versións deste cadro. Unha no Museo do Prado de Madrid, outra na Galerie Kugel de París en 1988; a terceira foi rexistrada na Hawkins Collection de Londres en 1951; unha cuarta versión estaba na Galerie de Jonckheere en París no 2002 e a quinta no Galerie Robert Finck de Bruxelas en 1955. As de Madrid e París atribúense a Adriaan van Stalbemt, aínda que hai dúbidas sobre isto.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Os arquiduques Alberte e Isabel visitando un gabinete de coleccionista Bibliografía

Ligazóns externas Museo do Prado

Categoría:Obras pictóricas Categoría:Cadros do Museo do Prado