O Consello Superior de Deportes (CSD, en castelán: Consejo Superior de Deportes) é un organismo autónomo da Administración Xeral do Estado española, dependente no Ministerio de Cultura e Deporte.

Para o control das trampas no deporte e asegurar a boa saúde dos deportistas ten adscrita a Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte, comunmente coñecida como Axencia Estatal Antidopaxe.

Historia O CSD créase mediante Decreto 2258/1977, do 27 de agosto e é directo herdeiro da Delegación Nacional de Deportes, creada en 1941, dependente da Secretaría Xeral do Movemento.

As súas competencias esenciais definíronse na Lei 13/1980, do 31 de marzo, Xeral da Cultura Física e do Deporte, e máis tarde na norma que a substituíu: a Lei 10/1990, do 15 de outubro, do Deporte.

Dependencia orgánica Ministerio de Cultura (1977-1990). Ministerio de Educación e Ciencia (1990-1996). Ministerio de Educación e Cultura (1996-2000). Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (2000-2004). Ministerio de Educación (2004-2009). Presidencia do Goberno (2009-2011). Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (2011-2018). Ministerio de Cultura e Deporte (2018- ).

Presidentes Benito Castejón Paz (1977-1980) Jesús Hermida Cebreiro (1980-1982) Romà Cuyás (1982-1987) Javier Gómez Navarro (1987-1993) Rafael Cortés Elvira (1993-1996) Pedro Antonio Martín Marín (1996-1998) Santiago Fisas Ayxelá (1998-1999) Francisco Villar García-Moreno (1999-2000) Juan Antonio Gómez-Angulo (2000-2004) Jaime Lissavetzky Díez (2004-2011) Albert Soler Sicilia (2011) Miguel Cardenal Carro (2012-2016) José Ramón Lete Lasa (2016-2018) María José Rienda (2018-2020) Irene Lozano Domingo (2020-2021) José Manuel Franco (2021-)

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España