Domando a fera (en ) é un filme estadounidense dirixido por Howard Hawks que se estreou en 1938. Emitiuse subtitulado en galego a través da TVG o 22 de maio de 2016.La Voz de Galicia, 21 de maio de 2016. Páx. 54

Argumento David Huxley (Cary Grant) é un paleontólogo de vida pacífica, que ten como maior preocupación rematar a montaxe do esqueleto dun brontosauro ao que lle falta un óso. Está a piques de casar cunha muller de personalidade ríxida e ademais ten que dar boa impresión a Mrs. Random, unha rica muller que está pensando en facer unha xenerosa doazón ao seu museo. Porén, o día anterior á súa voda, David coñece a Susan Vance (Katharine Hepburn), unha moza aloucada que resulta ser a sobriña de Mrs. Random.

O irmán de Susan, Mark, envioulle dende Brasil un leopardo domesticado chamado "Baby", para que ela o entregue á súa tía. Susan confunde a David cun zoólogo e obrígao a que a acompañe á súa casa de campo para facerse cargo de Baby. A situación complícase cando Susan comprende que está namorada de David e decide retelo para evitar que case. Ademais, o can de Susan rouba e enterra o último óso do brontosauro de David e este deixa solto por erro outro leopardo dun circo próximo.

Personaxes Katharine Hepburn como Susan Vance Cary Grant como Dr. David Huxley Walter Catlett como Oficial Barry Fitzgerald como Mr. Gogarty May Robson como Elizabeth Carlton Random Fritz Feld como Dr. Fritz Lehman Leona Roberts como Hannah Gogarty George Irving como Alexander Peabody Virginia Walker como Alice Swallow Pat O'Malley como Deputado (sen acreditar)

Repercusión Domando a fera foi un fracaso rotundo de público, o que provocou que Howard Hawks fose apartado da dirección do que ía ser o seu seguinte filme, Gunga Din, tamén con Cary Grant, e obrigou a Hepburn a pagar a súa parte do contrato. Porén, a medida que pasaron os anos o filme obtivo cada vez máis atención, ata converterse nun clásico da comedia.

En 1990 Domando a fera foi seleccionado para a súa conservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América como "cultural, histórica ou esteticamente significativo".Complete National Film Registry Listing Na listaxe dos cen mellores filmes confeccionada polo American Film Institute en 1997 ocupou o posto 96.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1938 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Howard Hawks Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1938 con versión en galego