A dos burramíidos (Burramyidae) é unha familia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes e suborde dos falanxeroideos,Burramyidae en MSW.Burramyidae Broom, 1898 no ITIS. coñecidos vulgarmente na bibliografía internacional, entre outros nomes, como pósums pigmeos e falanxeros pigmeos.

Son diminutos animais de costumes nocturnos cuxo nome (pósums ou oposums) indica a semellanza coas sarigüeias do continente suramericano. Algo maiores e de máis elevado peso son os falanxeros e os cuscús (xénero Phalanger), de movementos lentos, que recordan aos preguiceiros de Suramérica, cos que en tempos estiveron reunidos.

Na actualidade a familia conta con cinco especies recoñecidas agrupadas en dous xéneros, un deles monoespecíficp. Catro das especies son endémicas de Australia, e a outra que habita tamén en Papúa-Nova Guinea e en Indonesia.

Características Os pósums pigmeos varían en lonxitude de cerca de 5 até os 12 cm, e pesan xeralmente entre os 10 e os 50 g. Son nocturnos e omnívoros que se alimentan de invertebrados, froitos, sementes, néctar e pole. Son excelentes gabeadores, debido en gran parte á súa cola prénsil. Aínda que non se desprazan tanto como algunhas outras especies de falanxeros e cuscús, algunhas das especies son capaces de saltaren grandes distancias.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1898 polo médico e paleontólogo australiano de orixe escocesa Robert Broom, en Proc. Linn. Soc. N.S.W., 10: 564.

Etimoloxía O nome científico da familia, Burramyidae, formouse como é a norma sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Burramys, coa adición da desinencia do latín científico -ĭdae, propia dos nomes de familias de animais.

Clasificación Familia Burramyidae Broom, 1898 Xénero Burramys Broom, 1898 Burramys en MSW.Burramys Broom, 1896 no ITIS. Burramys parvus Xénero Cercartetus Gloger, 1841 Cercartetus en MSW.Cercartetus Gloger, 1841 no ITIS. Cercartetus caudatus Cercartetus concinnus Cercartetus lepidus Cercartetus nanus

Posibilidade dunha nove especie Conservation International (CI) e o Indonesia Institute of Science (LIPI) informaron sobre o posíbel descubrimento dunha nova especie de Cercartetus despois dunha visita ás montañas de Foja (Papúa, Indonesia) en xuño de 2007.Two new mammals found in Indonesian 'lost world': green group en Trend, 18 de decembro de 2007.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Recensión por Frederick S. Szalay no Journal of Vertebrate Paleontology. Vol. 19, Nº 1 (Mar. 15, 1999), pp. 191–195. Novak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World, 6th edition. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Marsupiais Australidelfos Diprotodontes Falanxeriformes Falanxéridos Falanxeroideos

Ligazóns externas Burramyidae Broom 1898 en Fossilworks. Burramyidae en MSW. Burramyidae Broom, 1898 no ITIS. Burramyidae na ADW. Con información e bibliografía Burramyidae na EOL.

Categoría:Marsupiais Categoría:Fauna de Australia