Somosierra é un concello da Comunidade de Madrid, en España. Atópase 83 km ao norte de Madrid, xunto ao porto de montaña do mesmo nome. É o concello máis setentrional e o situado a máis altitude da Comunidade de Madrid.
Demografía
Tiña en 2015 unha poboación de 73 habitantes. A súa economía desenvolveuse principalmente grazas ao comercio e os servizos que ofreceron aos viaxeiros que pasaban polo porto.
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello
Categoría:Concellos da Comunidade de Madrid