O Reino da Araucania e a Patagonia (en francés: Royaume d'Araucanie et de Patagonie), tamén denominado Reino de Nova Francia (en francés: Royaume de Nouvelle-France), foi un breve e errado intento de Estado instituído en territorio mapuche e tehuelche polo avogado francés Orélie Antoine de Tounens, con capital na actual municipalidade de Perquenco.Sandoval Reyes, Mauricio. Reseña histórica de Perquenco . No sitio web da Municipalidade de Perquenco.
O autoproclamado monarca reclamou soberanía para o territorio comprendido entre o río Biobío e o Seo de Reloncaví, ademais da vertente occidental da Patagonia arxentina. Nunca recibiu recoñecemento de ningún país e foi sometido por forzas chilenas en 1862, no marco da ocupación da Araucania.
Na actualidade, os herdeiros do efémero monarca organízanse arredor da Casa Real da Araucania e a Patagonia, con sede en París, a cuxa cabeza se atopaba ata principios de 2014 o pretendente ao trono Philippe Boiry (Philippe I). O aspirante actual é Jean-Michel Parasiliti dei Para (Antoine IV),North American Araucanian Royalist Society. «Antoine IV»Artigo sobre a investidura de Antoine I como novo Xefe do Reino da Araucania e a Patagonia. En Reino de Araucania y Patagonia - Portal Mapuche.Artigo Dordogne: le nouveau prince d'Araucanie a prêté serment. En sudouest.fr aínda que tal pretensión foi contestada por Stanislas Parvulesco, quen se titulou Stanislas I.Discurso de investidura do príncipe Stanislas I.Long live His Royal Highness Stanislas I! . En intermicronational.comArtigo: Dordogne: un nouveau rebondissement au royaume d'Araucanie. En sudouest.comArtigo: Batalla de príncipes por un reino que no existe. En Economía y Negocios. 2015.Artigo: Game of lonkos. La sucesión por el trono de Orélie Antonie de Touens (...). En latercera.com.
Historia esquerda|miniatura|Orélie Antoine de Tounens con vestiduras tradicionais mapuches.
Os inicios do reino Orélie Antoine de Tounens chegou en 1858 ao porto de Coquimbo e, despois de pasar algún tempo na casa dunha dama francesa en Valparaíso e Santiago, dirixiuse á zona da Araucania desde o porto de Valdivia. Alí contactou con Quilapán, o xefe da comunidade mapuche, a quen suxeriu a idea de fundar un Estado para o seu pobo, coa promesa de lograr apoio diplomático francés para os mapuches durante a época final da Guerra de Arauco. O seu propósito era, segundo aseguraba na súa correspondencia, "civilizar os araucanos".Sarramone, Alberto. Orllie-Antoine I: un rey francés de Araucanía y Patagonia. Ed. Biblos. Buenos Aires, 2005. Páxinas 73-74. [ISBN 9507864822] miniatura|Bandeira do Reino da Araucania e a Patagonia. Quilapán permitiu o ingreso de Tounens nas súas terras, malia estar prohibido para os huincas (estranxeiros), e este fundou alí o 17 de novembro de 1860 o Reino da Araucania, do que foi proclamado rei, baixo o nome de Orélie Antoine I.Bengoa, José. Historia del pueblo mapuche: (siglo XIX y XX). Ediciones Sur. Santiago de Chile, 1996. Páxinas 186 e seguintes.
Nos días seguintes, Tounens promulgou a constitución do reino e, segundo algúns, o 20 de novembro do mesmo ano declarou a anexión da Patagonia, establecendo como límites o río Biobío, en Chile, polo norte, o océano Pacífico polo oeste, o océano Atlántico polo leste, desde o río Negro, na actual Arxentina, ata o estreito de Magalláns, límite austral continental do reino.
Un ano despois desta proclamación, un parlamento mapuche composto por un grupo de xefes locais (arribanos, habitantes dos vales da Precordilleira), aceptou presumiblemente as súas pretensións.Bengoa, José. Historia del pueblo mapuche: (siglo XIX y XX). Ediciones Sur. Santiago de Chile, 1996. Páxina 188.
As fontes históricas, escasas, aseguran que tivo certo contacto con algunhas autoridades do pobo mapuche, aínda que o rei nunca tivo o control de ningún punto do territorio. As autoridades tradicionais mapuches continuaron en funcións, non se alteraron os costumes e o estado nunca chegou a establecerse. Tounens foi aceptado pola comunidade, en especial por Quilapán, como un estranxeiro capaz de lograr o apoio dunha potencia europea. Non hai indicios de que o recoñecese como soberano, malia seguir algúns dos seus consellos e permitirlle usar o título de rei.Bengoa, José. Historia del pueblo mapuche: (siglo XIX y XX). Ediciones Sur. Santiago de Chile, 1996. Páxinas 188 e seguintes.
Os mapuches coñecidos como "abajinos", xente das chairas do Val Central, entre os ríos Biobío e Toltén, nunca recoñeceron a Tounens e denunciárono ante o xeneral chileno Cornelio Saavedra.
Tounens viaxou a Valparaíso para lle dar a coñecer o seu reino ao goberno de Chile, daquela baixo a presidencia de Manuel Montt, quen non recoñeceu o novo Estado. Despois de regresar á Araucania, o Goberno chileno, baixo o mandato do novo presidente, José Joaquín Pérez, ordenou a procura e o arresto do rei Orélie Antoine baixo os cargos de perturbación da orde pública. Un dos seus acompañantes, crioulo e probablemente membro do exército chileno, entregouno na beira do río Malleco, en xaneiro de 1862, e foi trasladado inicialmente á vila de Nacimiento e logo á localidade chilena de Los Ángeles.
Nesta última cidade foi procesado e máis tarde recluído nun manicomio. O cónsul francés logrou sacalo de alí e repatriouno a Francia. Non hai probas de que se tratase dun axente francés, pero algúns historiadores inclínanse a considerar que: "(...) algún grao de oficialidade tiña a súa misión e que se tivese resultado máis afortunada contaría co apoio francés."Bengoa, José. Historia del pueblo mapuche: (siglo XIX y XX). Ediciones Sur. Santiago de Chile, 1996. Páxina 186 (nota 1).
En Europa, Tounens fixo promoción da súa aventura e recibiu o apoio dalgúns empresarios para financiar unha segunda viaxe, realizada a fins de 1869. Con todo, durante aqueles anos, o goberno chileno realizara manobras militares no territorio para o incorporar á República, polo que Tounens non foi recibido co apoio anterior e debeu fuxir a Buenos Aires. Suponse que nesta ocasión arribou cun navío cargado con armas e algúns equipamentos militares.Bengoa, José. Historia del pueblo mapuche: (siglo XIX y XX). Ediciones Sur. Santiago de Chile, 1996. Páxina 187 (nota).
Tras intentar dous novos ingresos en 1874 e 1876, morreu o 17 de setembro de 1878.
O legado de Orélie Antoine I Un testemuño oral da súa presenza aparece en boca de Juan Calfucurá, quen dixo ao seu entrevistador cincuenta anos despois da aventura de Tounens: Meu pai protexeu o rei Aurelio. Na segunda entrada que fixo na Araucania, o coronel Saavedra ofreceulle unha paga a quen o matase. Daquela Aurelio tivo medo e meu pai mandoume deixalo en Salinas Grandes, nas posesións de Cafulcurá... Din agora que ese rei estaba tolo. Así sería. O home vivía retirado. Non lle gustaban as festas. Conversaba cos caciques vellos e visitábaos decote. Non se lle coñeceron mulleres. Vestía o traxe mapuche e deixaba o pelo longo como os indios. Comía os seus mesmos alimentos. Partía moitas mazás para as secar ao sol e comelas así.Guevara, Tomás. Las últimas familias i costumbres araucanas, Santiago de Chile, 1913. Páxina 188, nota 2 (citado por Bengoa).Ao morrer Tounens sen herdeiros, un dos seus amigos, Gustave Achille La Viarde, coroouse como sucesor e solicitoulle axuda económica e militar ao presidente dos Estados Unidos, Grover Cleveland, para a conquista, encuberta como liberación, dos territorios ocupados, a cal foi denegada. Desde entón estableceuse un suposto goberno no exilio en París, cuxos "monarcas", autodenominados da Coroa de Aceiro, outorgaron títulos de nobreza da súa propia creación e venderon moedas e medallas conmemorativas. Na actualidade manteñen sitios web onde reivindican os seus supostos dereitos. O novelista Antonio Gil, conde de Detif e Cabaleiro da Coroa de Aceiro, é o único chileno que ostenta os ficticios títulos desta monarquía.Reino de la Araucanía y Patagonia , Heráldica Argentina, s/f.
O reino da Araucania e a Patagonia non tivo máis contactos cos indíxenas ata a breve visita de Philippe Boiry Raynaud, quen se adxudicou o título de Príncipe da Araucania e a Patagonia e viaxou en 1989 a Arauco, onde os mapuches o recibiron con pouco entusiasmo.Artigo: Autoproclamado "Príncipe de La Araucanía. En mapuche-nation.org. 1989 Ultimamente, algúns mapuches, como Reynaldo Mariqueo, manifestaron unha certa adhesión a este reino.Artigo: La Corona de Acero resplandece en el Cono Sur de América. Por Reynaldo Mariqueo. En araucaine.com
Territorio miniatura|Extensión do territorio reclamado polo reino, sobre fronteiras actuais. O territorio reclamado polo reino correspondía basicamente coas comarcas que non foran sometidas polos gobernos da República Arxentina e da República de Chile. Tounens considerábaas terra nullius ("terra de ninguén"), xa que, como asegura na súa proclamación, "(...) non depende de ningún outro Estado; (...) áchase dividida por tribos (...)".
Gran parte da Patagonia oriental, situada ao sur do río Colorado, atopábase habitada polos pobos indíxenas, entanto que ao occidente dos Andes o límite entre mapuches e chilenos estaba definido polo río Biobío, consonte o estipulado no Parlamento de Quilín de 1641. En ambos os casos, os estados arxentino e chileno reivindicaban os devanditos espazos como propios, en virtude do principio de uti possidetis iuris, xa que foran nominalmente parte do Imperio Español, conforme a concesión do papa Alexandre VI, segundo as chamadas "bulas alexandrinas". A Patagonia inscribíase na Gobernación de Nova León, concedida pola coroa española ao nobre galego-portugués Simón de Alcazaba.
Diversos asentamentos existían cara ao sur dos límites mencionados. Valdivia, Osorno e o arquipélago de Chiloé foran territorios hispanos con anterioridade á independencia de Chile e foron incorporados posteriormente a este país, mentres o seu Goberno avanzaba na colonización de Llanquihue desde 1845, especialmente con inmigrantes de orixe alemá. Así mesmo, existiron poboacións de fundación hispana ao oriente da cordilleira dos Andes, tales como Carmen de Patagones. O territorio en torno ao estreito de Magalláns e Terra do Fogo tamén foi habitado por poboadores chilenos e arxentinos desde os anos 1840.
Os grupos indíxenas mapuches e tehuelches ocupaban o territorio que Tounens reclamaba como o seu reino, a maior parte deles resistindo con diferentes estratexias a presión dos estados nacionais xurdidos tras a independencia. miniatura|Músicos mapuches nunha fotografía de 1916. En Chile, recoñecidos como parte dun conflito e asinantes de tratados co Goberno central, os mapuches alternaban as alianzas e os ataques co Goberno de Santiago. Non sempre as súas accións eran coordinadas, xa que non había unha autoridade central, algo que Tounens menciona, tamén, na súa proclamación: "(...) reclámase un Goberno central, tanto polo interese particular como na orde xeral (...)". A teor das súas declaracións posteriores e consonte o pensamento eurocéntrico da súa época, el sería o indicado para organizar a resistencia indíxena establecendo unha monarquía similar ás europeas.