Augusto Roa Bastos, nado en Asunción en 1917 e finado o 26 de abril de 2005; foi un escritor, xornalista e guionista paraguaio en lingua castelá, considerado o autor máis importante de Paraguai e un dos máis destacados da literatura latinoamericana, gañador do Premio Cervantes en 1989.
Traxectoria Durante a súa infancia deu mostras de interese pola lectura e o xornalismo. Dende novo compaxinou o seu traballo na banca con colaboracións xornalísticas. Trala Guerra do Chaco, cursou estudos de Dereito e Economía. Posteriormente, no 1947, tivo que exiliarse a Arxentina polas súas colaboracións en xornais independentes. Viviu en diversos países coma Arxentina (onde publicou os seus primeiros libros) e España (onde obtivo a nacionalidade no 1983). Finalmente o seu exilio rematou cincuenta anos despois.
Obra Algunhas das obras máis senlleiras son:
Hijo de Hombre Yo, el Supremo El trueno entre las hojas Madera quemada El Baldío Los congresos El sonámbulo
Premios e condecoracións 1989, Premio Cervantes 1995, Premio nacional de literatura de Paraguai pola súa obra Madama Sui 1997, Orde de Cabaleiro da lexión de honor da República Francesa
Notas
Categoría:Nados en 1917 Categoría:Nados en Asunción Categoría:Finados en 2005 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Premio Cervantes Categoría:Escritores de Paraguai