Rafael Alonso Fernández nado en Pontevedra en 1924 e finado setembro en 1995, foi un pintor galego, especializado na acuarela.

Traxectoria Comezou a estudar arquitectura en Madrid en 1946, mais deixouno ao pouco tempo. En 1947 fixo a súa primeira exposición en Vigo e Pontevedra simultaneamente. En 1952 marchou durante dous anos a París cunha pensión e alí coñeceu tendencias innovadoras (postimpresionismo, fauvismo, técnica de Duby...), que serviron de base para a súa propia creatividade.

Nos seus comezos a temática era máis paisaxística, derivando cara a formas esquemáticas.

Amigo do editor Sabino Torres, ilustrou a obra de Celso Emilio Ferreiro Musa alemá.

Recibiu a medalla de Ouro da primeira Bienal de Arte de Pontevedra (1970) e a da cuarta Bienal Internacional de Pontevedra (1980), os dous únicos concursos ós que se presentou.Pablos, Francisco; A pintura en Galicia | La pintura en Galicia (edición bilingüe), pp. 176-178, Nigra Trea, 2003, ISBN 84-95364-15-8. A súa obra está en poder de institucións como os Paradores Nacionais de Turismo, o BBVA, a Colección Afundación, o Museo Provincial de Pontevedra ou o Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e coleccións privadas do Canadá, Cuba, Estados Unidos de América, Francia, Reino Unido, Rusia…

Notas

Véxase tamén Bibliografía Proxecto Galicia, Tomo XVI, Arte Contemporáneo I. Hércules de Ediciones.

Outros artigos Colección Afundación Ligazóns externas

20px Obras de Rafael Alonso en YouTube Bibliografía na páxina web Pintores Gallegos''.

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes