Theodore Thomson Flynn, nado en Coraki, Nova Gales do Sur, Australia, o 11 de outubro de 1883 e finado en Liss, Hampshire, Inglaterra, o 23 de outubro de 1968 foi un biólogo australiano que foi profesor en Tasmania e o Reino Unido.
Traxectoria T. T. Flynn naceu en Coraki, Nova Gales do Sur, Australia, fillo de Jessie B. (nada Thomson) e John Flynn.
Comezou a traballar como lector de bioloxía na Universidade de Tasmania en 1909, pasando a ser profesor desta disciplina en 1911, e ensinando alí até 1930. Casou con Lily Mary (Marelle) Young o 23 de xaneiro de 1909.Australian Dictionary of Biography
Flynn trasladouse a Irlanda do Norte, onde exerceu na cátedra de zooloxía na Queen's University de Belfast entre 1931 e 1948.
Despois da Belfast Blitz (durante a chamada guerra relampo, bombardeo sostido do Reino Unido pola Alemaña nazi entre o 7 de setembro de 1940 e o 16 de maio de 1941), Flynn foi o director de sinistros da cidade.
Foi o pai do actor de cine Errol Flynn, e nomeou unha nova especie que descubriu, Gibbonsia erroli, na honra do seu fillo.
Faleceu en Liss, Hampshire, Inglaterra, o 23 de outubro de 1968.
Abreviatura A abreviatura Flynn emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Australian Dictionary of National Biography
Categoría:Biólogos de Australia Categoría:Zoólogos de Australia Categoría:Nados en Nova Gales do Sur Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1968